'O Camiño de Santiago debuxado' rende homenaxe ao itinerario francés como Patrimonio Mundial no Museo das Peregrinacións

Inspirado no Códice Calixtino, o ilustrador gaditano Joaquín González Dorao recolle as súas vivencias nunha serie de ilustracións e acuarelas que conforman un libro de viaxe no que retrata o seu percorrido polos diferentes concellos do Camiño Francés desde Roncesvalles a Santiago de Compostela.

A exposición, baseada nunha publicación de Patito Editorial, consta dunha selección de 25 pezas nas que reflicte as súas vivencias en distintos pobos e cidades polas que atravesa este itinerario xacobeo, que escollen seis de cada dez peregrinos que chegan a Galicia.

O Camiño de Santiago debuxado mantense aberta no Museo das Peregrinacións e de Santiago ata o 27 de xaneiro de martes a venres de 9,30 a 20,30 horas; os sábados de 11,00 a 19,30 horas e os domingos e festivos de 10,15 a 14,45 horas.
Museo das Peregrinacións