A Escola de Turismo Itinerante pon en valor o menú peregrino e a gastronomía galega en Portomarín

Portomarín acolleu unha nova xornada de formación do programa Profesionalización no Camiño que promove Turismo de Galicia a través da Escola de Turismo Itinerante.

A iniciativa ten como obxectivo mellorar o nivel de profesionalización do sector facendo especia fincapé na atención ao peregrino e a súa experiencia en Galicia así como poñer en valor a gastronomía e os produtos de Galicia no Camino de Santiago.

O curso de hoxe, ‘O menú do peregrino como potenciador dos produtos autóctonos’. tivo lugar no Albergue Municipal do concello na rúa do Miño.

A través do mesmo, propietarios e traballadores de restaurantes e cafeterías con servizo de comida no Camiño de Santiago puideron coñecer diferentes opcións para ofrecer menús con produtos galegos e optimizar os procesos de elaboración e aprovisionamento para facer un produto rendible.

Con este tipo de cursos, a Escola de Turismo Itinerante do CSHG busca mellorar a calidade dos restaurantes dos municipios polos que transcorren as Rutas Xacobeas e concienciar, a súa vez, a estes profesionais que son grandes promotores do Camiño de Santiago e da gastronomía galega.
Próximos cursos

Durante este mes de novembro a Escola de Turismo Itinerante continuará poñendo en valor a gastronomía de Galicia no Camino de Santiago levando este curso aos municipios de Melide, Cee e Santiago de Compostela.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia