30 Km. De Bruma a Sigüeiro
Estamos no último tramo do Camiño inglés, onde a proximidade de Compostela fai que vaiamos rápido no noso percorrido e que as referencias monumentais sexan menores. Lugar de Cabeza de Lobo, Igrexa de Ardemil cun fermoso cruceiro.
En terra de Ordes, Buscás, cun excelente templo de orixe románica baixo a advocación de San Paio.
Máis adiante, en San Xoán de Poulo, igrexa, casa nobre e cruceiro. Houbo aquí antano un hospital de peregrinos.
Outra inscrición nunca casa alude tamén á estancia de Felipe II no ano citado.
Estímase que Sigüeiro, capital do concello de Oroso, foi fundada no século XII. É notable a súa ponte sobre o río Tambre, trazado no tempo en que naceu a vila. |
|||