7: Miraz - Sobrado

Etapa de 21 km

Sobrado dos Monxes

O Camiño pasa por pequenas aldeas, sae do termo de Friol e da provincia de Lugo entrando na Coruña.

Laguna Sobrado dos Monxes

Pásase ó lado da lagoa que, en tempos, foi a piscifactoría dos frades de Sobrado.
O Mosteiro de Sobrado dos Monxes foi fundado en 952 e disolveuse en 1006, rexurdindo en 1142 durante o reinado de Alfonso VI, como o primeiro mosteiro da Orde do Císter en España.

No edificio actual, barroco do século XVII, consérvase a capela de San Xoán, a sala capitular e a cociña do mosteiro do século XIII.

O claustro procesional, rectangular, de dúas plantas, foi construído no século XVI. Deste mesmo século é a sancristía renacentista de Juan de Herrera, situada no brazo sur do cruceiro.

No XVII construíuse o denominado Claustro dos Peregrinos, así chamado pola dedicación dos monxes á atención ós peregrinos a Compostela. Abandonado este mosteiro na Desamortización, a mediados do século XX foi restaurado e habitado de novo, mantendo na actualidade unha importante actividade relixiosa e social, na que destaca a atención ós que peregrinan a Compostela.