Etapa de 30 Km. Ría de Ribadeo           Xa no século XII se menciona a existencia da familia de “Los Bela”, propietarios dunha barqueira benéfica que transportaba gratuitamente ós peregrinos. Desde moi antigo existiron barqueiras similares ó longo da ría ribadense. Os peregrinos chegaban a esta ría especialmente por Castropol, localidade fundada sobre un gran castro en 1299, de aí o seu nome, que ata o século XVI foi da Mitra de Oviedo. E tamén desde Figueras, onde desde o século XVIII existe unha igrexa de Santiago, construída polo Gremio de Mareantes. 
 Na actualidade, a ría crúzase comodamente pola xigantesca Ponte dos Santos, atopando ó seu final o moderno albergue de peregrinos. 
 RibadeoRibadeo (Ripam Euve, na antigüidade) é a capital dun amplo entorno que, en tempos, abarcaba Vegadeo (A Veiga de Ribadeo), marcando a súa influencia económica e social nun longo tramo do noso camiño. No centro da cidade chamará a nosa atención o Convento de Santa Clara, de finais do século XV, que foi fundado por monxas procedentes da capital de Asturias. 
 
 
 
 
 
 O pazo neoclásico que foi residencia de Raimundo Ibáñez, Marqués de Sargadelos, é a sede do concello ribadense, que na escalinata de acceso erixiu unha estatua do antigo propietario do edificio. E nas súas inmediacións destaca a Torre dos Moreno, modernista, de comezos do século XX, a máis coñecida imaxe de Ribadeo. 
 Veremos numerosas casas de Indianos, singular arquitectura da comarca que recorda ós triunfadores da afastada emigración que volvían á súa terra para gozar da súa ben gañada fortuna. 
 
 O camiño parte da capela de San Lázaro para dirixirse a Obe. Pero antes de seguir a nosa ruta subiremos a Santa Cruz, desde onde se nos ofrece unha soberbia panorámica sobre a ría e onde se atopa a ermida que revive anualmente a comezos de agosto nunha tradicional romaría. Aquí atópase o monumento ó gaiteiro e á gaita galega. 
 Camiño vello de Lourenzá   Pasamos por Ove, que conserva un tramo do vello Camiño; Vilela, que se sabe existía xa ó redor do ano 1000, e Cedofeita, con nome mencionado –Cito Facta– en numerosos documentos medievais. En Cedofeita, capela de Santiago, con retablos do século XVIII, con imaxes de Santiago peregrino e a cabalo. 
 
 En Cubelas, hai unha igrexa de tres naves, do século XVII, reformada no XVIII. 
 Na parroquia ribadense de Arante, no camiño “que biene del Reino de León e Principado de Asturias”, Santuario das Virtudes ou de Santa María da Ponte, centro de peregrinación desde hai cinco séculos. A igrexa é do século XVI. O retablo do seu altar maior é do século XVIII, cun Santiago a cabalo. 
  O seu conxunto pictórico do século XVI é excelente. Neste templo consérvase unha imaxe da Nosa Señora, “miraculosa y muy debota que cada día face milagros infinitíssimos”. Ruta asturiana
 Desde Castropol, por Vegadeo e Santiago de Abres, discorría outra ruta deste mesmo Camiño, que cruzaba pola ponte aquí existente evitando ter que cruzar a Ría do Eo. 
 O Camiño entraba en Galicia polo municipio lucense de Trabada, pasando por Sante, de onde era orixinario Don Melchor Díaz de la Rocha, que nesta zona encabezou a revolta contra os franceses en 1809. 
 Visitamos a capela de San Marcos da Cadeira, e chegamos a Lourenzá. Vilanova de LourenzáVilanova, chamada antano Vila da Ponte, era o punto de unión dos dous camiños, que camiñaban paralelos desde Santiago de Abres. 
 
 Os restos do fundador, cuxo testamento se coñeceu o 17 de xuño de 969, repousan na igrexa do mosteiro nun sarcófago aquitano de mármore do século V/VI, elixido polo propio conde, seguindo o costume existente naquel tempo de utilizar sarcófagos antigos para os enterramentos dos nobres. Quere a tradición popular que Osorio Gutiérrez atopase este sarcófago na súa viaxe a Terra Santa e botándoo ó mar, foi encomendado á Divina Providencia, chegando ás costas de Foz, onde sería recollido polos criados do conde, en similar operación milagrosa á chegada da barca de pedra do Apóstolo Santiago. 
 
 
 O actual edificio do mosteiro é barroco, do século XVIII, con igrexa proxectada por Casas y Novoa, de espléndida fachada que se considera antecedente claro da do Obradoiro compostelán, no final do Camiño. 
 No interior, destaca a capela de Valdeflores, do século XVIII, onde se atopa o sarcófago cos restos do Conde Santo. 
 
 Se ben o máis notable desta igrexa é o seu orixinalísimo retablo-relicario, tamén posúe un interesante Museo de Arte Sacro, fundado en 1960, que contén pezas únicas de imaxinería e pintura. Son notables as imaxes policromadas do escultor José Ferreiro e as pinturas de Ferro Requeijo. Foi o Conde Santo o primeiro en acoller ós peregrinos, doando 33 leitos ós monxes, dos que doce deberían estar dedicados á atención dos viaxeiros. E sendo testamentos da primeira metade do século XII contemplan a protección ó peregrino.  | 
  |||



        











Vilanova de Lourenzá articulouse ó redor do mosteiro fundado na primeira metade do século X por Osorio Gutiérrez, o Conde Santo, Bispo de San Martiño de Mondoñedo e primo de San Rosendo. Esta fundación ven coincidir no tempo coa fundación dos mosteiros de Sobrado dos Monxes (tamén neste Camiño Norte) e Celanova.



