A outra gran ruta do Camiño inglés parte da cidade que foi considerada “Cabeza, garda, chave e antemural do Reino de Galicia”,
A Coruña. Sábese que xa en 1434 entraron polo porto coruñés ó redor de tres mil peregrinos ingleses, e na cidade houbo os hospitais para peregrinos de Los Ángeles, Santa Catalina e San Andrés 31 Km. A Coruña
Os peregrinos desembarcaban no porto do Parrote, tendo como primeiro destino
a Igrexa de Santiago, románica de comezos do século XIII, fundada polo rei Alfonso IX. A portada é gótica, do século XV, con imaxes de Santiago e San Xoán e magnífico rosetón. Diante desta igrexa reuníase o Concello da cidade.
Conserva A Coruña, como elementos máis importantes de arquitectura militar, restos das súas murallas dos séculos XVI e XVII, o Xardín de San Carlos, bastión que formou parte da Fortaleza Nova para a defensa da cidade, e o castelo de San Antón (antiga illa) que alberga o Museo histórico - arqueolóxico.
Da arquitectura relixiosa destacaremos a Colexiata de Santa María do Campo (dos séculos XII-XIII), na Cidade Vella, onde os peregrinos acudían para encomendarse ó Apóstolo ante a difícil ruta que ían acometer. Existía unha gran devoción pola Virxe do Portal, desta Colexiata.
E dos tempos modernos, destacaremos a Praza de María Pita e Casa Consistorial, de comezos do século XX, e as súas famosas Galerías, que mereceron para A Coruña o sobrenome da “cidade de cristal”.
Saíase da Coruña por Eiris, e os campos de Elviña, nos que tivo lugar a batalla entre os exércitos inglés e francés en 1809. En Elviña existe un monumental castro no que se conservan restos de murallas, vivendas e alxibe da época galaico-romana. O Burgo O Burgo foi señorío e porto dos Templarios. Conserva igrexa románica con tres ábsidas, dedicada ó apóstolo Santiago. Cambre
|
|||



O máis característico elemento identificador da Coruña é a chamada Torre de Hércules, faro romano do século II, restaurado na súa forma actual a finais do século XVIII polo enxeñeiro militar Eustaquio Giannini











