CastromaiorPasamos por CASTROMAIOR... O seu nome venlle do gran castro existente nas inmediacións. Ten Igrexa románica, dedicada a Santa María. E chegamos a VENTAS DE NARÓN, última localidade de Portomarín, poboación que na Idade Media tivo gran importancia. Aquí deuse no ano 820 unha gran batalla entre árabes e cristiáns na que os cristiáns resultaron vencedores. O Códice Calixtino menciónaa como Sala Regina. Monterroso
Por terras de MONTERROSO. En Ligonde, unha cruz de pedra recorda o lugar do antigo hospital, sostido pola familia dos Ulloa e do cemiterio de peregrinos. Carlos I e Felipe II, peregrinos a Santiago, fixeron parada neste lugar, entón de gran importancia. A igrexa en Eirexe, románica con profundas modificacións, pertenceu á casa de San Marcos de León, da Orde de Santiago.
Palas de ReiDesde Portos (Eirexe) moitos peregrinos desviábanse cara a Vilar de Donas... O seu templo románico é monumento nacional. No século XII instaláronse aquí os cabaleiros da Orde Militar de Santiago, que combatían ós salteadores que abundaban no Camiño e esta igrexa foi o lugar de enterramento dos membros da Orde en Galicia. Ademais de valiosos sarcófagos, a igrexa posúe fermosísimas pinturas do século XIV que -entre outros motivos- nos amosan as donas que costearon a construcción deste mosteiro e habitaron nel.
En Lestedo, con templo dedicado ó Apóstolo, houbo un cemiterio de peregrinos e un hospital, fundado pola familia dos Ulloa.
A duodécima etapa do Calixtino remataba en PALAS DE REI, Se o municipio de Palas de Rei alberga importantes monumentos, na súa capital só a portada románcia da igrexa parroquial de San Tirso, é recordo do pasado.
E o Castelo de Pambre, do século XIV, a fortaleza medieval máis completa de Galicia, das poucas que quedaran en pé na revolución irmandiña. Foi construída por Gonzalo Ozores de Ulloa. Aínda desviándonos da nosa ruta, visitamos o Pazo de Ulloa, unha das fam De novo no camiño, Porto de Bois, que foi escenario da batalla entre os da Casa de Trastámara e Fernando de Castro, o conde de Lemos, sendo derrotado este último e tendo que exiliarse, primeiro en Portugal e logo en Inglaterra.
|
|||