Velaquí Santiago de Compostela. Desde hai case 1.200 anos a Capital de Occidente, a terceira das cidades santas da Cristiandade. Roma e Xerusalén quedan moi lonxe. De Xerusalén veunos a fe. Roma converteuse na cidade eterna. Pero só cara a Compostela ven polo ceo un camiño de estrelas, seguido na terra por millóns de devotos que foron trazando camiños coma este que hoxe rematamos. ![]() SANTIAGO DE COMPOSTELAPercorremos, pois, os 343 quilómetros do Camiño Primitivo desde a cidade de Oviedo a Compostela. A este Camiño Primitivo non lle faltaron hospitais, milladoiros, fontes santas ou capelas, e se duro resulta algún tramo do Camiño Francés para aínda facer más meritorio o seu recorrido, duro é o Camiño Primitivo, que percorre a difícil xeografía montañosa entre Galicia e Asturias, e requiriu a construción de numerosos hospitais establecidos no seu percorrido para a atención dos peregrinos, sempre necesitados de axuda. E obtivo apoio constante dos diversos Reis, que fomentaron as peregrinacións por esta ruta, consolidando a relación entre a corte de Oviedo e Compostela. |
|||