Camiño Inglés

Camiño Ingles A CompstelaImos facer o Camiño Inglés a Compostela, así chamado ó longo da historia porque o maior continxente de peregrinos procedía das Illas Británicas.

mapa

É a partir do século XII cando comezan as peregrinacións a Compostela desde os países nórdicos e as Illas Británicas, sendo a primeira da que se ten noticia no ano 1147, coa chegada dunha escuadra de cruzados que ían a Terra Santa.
    Esta expedición tomou parte na conquista de Lisboa, axudando ó primeiro rei de Portugal na súa loita contra os árabes. Antes de tomar parte na batalla, os expedicionarios visitaron a tumba do Apóstolo en Compostela. Entraba así na historia o “Camiño inglés” á Capital de Occidente.
    Ás nosas costas chegaron escandinavos, flamengos, ingleses, escoceses e irlandeses... Fixérono polos portos vascos, cántabros, asturianos... pero especialmente polos de Ribadeo, Viveiro, Ferrol ou A Coruña..
Consta que en Viveiro (Lugo) houbo, a finais do século XVI, un Hospital baixo a advocación de Santiago, onde se acollía a viaxeiros pobres e peregrinos, “por estar en camiño moi pasaxeiro das Asturias e Biscaia e outras moitas partes para o hospital Real de Santiago, Portugal e outros moitos lugares”.

Puertos de Ferrol e A Coruña

Pero son Ferrol e A Coruña, pola súa excepcional importancia estratéxica, os portos que se consideran entradas do chamado Camiño Inglés a Compostela. Desde A Coruña a Santiago, o Camiño ten un percorrido de 74 quilómetros. Desde Ferrol, 118.
    En barco viñeron os británicos durante a longa guerra dos cen anos, sostida cos franceses... Viñan peregrinos, pero tamén a comerciar, como queda demostrado cos achados de todo tipo efectuados en Santiago, e nas ofrendas efectuadas na Igrexa compostelá.
    As peregrinacións desapareceron co reinado de Enrique VIII, no que se produciu a ruptura da igrexa de Inglaterra coa de Roma.
    Nos arquivos dos hospitais da ruta constan defuncións de ingleses, alemáns, italianos, franceses e escandinavos, que deixan constancia do paso de peregrinos destes países a Compostela.
    Facemos o Camiño inglés, vendo o que viron os peregrinos... Non pretendemos seguir o Camiño paso a paso. Queremos pararnos e ver as pegadas do traballo dos homes que os séculos respectaron para que quen contemple estas pedras da historia poida sentir tamén o asombro do viaxeiro ante a beleza do contorno da nosa ruta.