8: O Pedrouzo - Santiago

Desde O Pedrouzo a Compostela, a Capital de Occidente. A cidade soñada, a capital da fin do mundo, que é comezo estaba aló, moi lonxe, detrás de montes, ríos, neves e xeadas... Está case ó alcance da man. A uns pasos. Pasou o traballo, o esforzo, o cansazo, a dor... Como primeira compensación, chegamos ó Monte do Gozo.

Monte del Gozo

Neste último tramo non hai igrexas, non hai restos de hospitais... Santiago está aí, ó alcance da man.
O Códice Calixtino chama Lavamentula á actual Lavacolla... O peregrino, antes de entrar en Compostela, por amor ó Apóstolo, lavaba neste río as impurezas físicas da longa viaxe...
Quizais tamén esta auga simbolizaba a purificación que os sufrimentos do camiño proporcionaran ó seu espírito.

Melide

E chegara o momento no que o peregrino vise por primeira vez a Cidade Santa , a terceira das cidades natais da Cristiandade.

Había que subir ó Mons Gaudi, MONTE DO GOZO , Monxoi,
-vello castro- para comprobar, coa alegría que o nome do monte proclama, que aquí está o final do gran Camiño...
stamos xa na que Americ Picaud cualificou como A máis feliz e excelsa de tódalas cidades de España.

Monte do Gozo

Os peregrinos rezaban neste monte ante a tumba do Corpo Santo... A tradición quere que sexa o sepulcro dun peregrino morto no Camiño e trasladado aquí -milagrosamente- polo Apóstolo.