'O teu Xacobeo' programa este verán un centenar de actividades culturais, deportivas e sociais por toda Galicia |
En conxunto, as propostas reflicten unha grande variedade. Desde as audiencias ás que van destinadas: público xeral, mocidade e infancia ou colectivos especialmente sensibles que precisan maior visibilidade; ata as temáticas: eventos sociais, culturais, deportivos ou que potencian a riqueza patrimonial do Xacobeo 21. Outro dos obxectivos do programa é que chegue ao maior número de concellos galegos, con especial atención aos máis pequenos, e que teña en conta os diferentes Camiños, que abranguen máis de 1.500 quilómetros en toda a nosa Comunidade, especialmente en municipios do rural.
Así, os concellos galegos programan diferentes actividades co obxectivo de difundir a Galicia Xacobea a través da arte, a música, a celebración de conferencias ou de obradoiros vinculados ao Camiño. Tamén serán moitos os municipios que organicen rutas teatralizadas como é o caso de Padrón, Valdoviño, A Pobra do Caramiñal ou Boborás, entre outros.
Concellos, empresas e entidades sen ánimo de lucro
Entre as actividades que acollen este verán os distintos concellos dentro de O teu Xacobeo destacan, ademais, proxeccións ao aire libre como a que terá lugar na Pobra do Brollón; aplicacións de realidade aumentada, como a proposta do Concello da Fonsagrada; seminarios internacionais como o que organiza Catoira; divulgación científica na Veiga co seu proxecto Trevinca: o camiño as estrelas, ou andainas para escolares no Rosal e Lalín.
Estas actividades combinaranse con propostas gastronómicas, xornadas de convivencia entre peregrinos e veciños, accións sustentables ou que reforcen o compromiso do Camiño coa seguridade das mulleres que o fan soas, unha proposta impulsada polo Concello de Ribadeo .
En canto aos proxectos presentados por empresas galegas e entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro, impulsados pola Xunta a través de O teu Xacobeo, destacan propostas para os máis pequenos como a creación das credenciais Pequegrino, para potenciar o Camiño Portugués ao seu paso pola localidade de Tui. Tamén o Peregrinamente, co impulso dos Camiños Francés, Primitivo, do Norte e de Inverno cunha aplicación ao estilo Trivial para os escolares, ou rutas a cabalo ou en patíns pola zona da Guarda.
Audiovisual e inclusión
No eido audiovisual, a mocidade pode participar este verán na realización dun vídeo Your own way, mentres que na comarca de Ferrolterra, O teu Xacobeo convoca unha peregrinación para milleiros de escolares da zona. Outro dos proxectos para o público máis cativo é o Camiño Portugués para nenos e nenas que conta con profesionais de distintos ámbitos (pintores, fotógrafos, etc) cos que os máis pequenos traballarán o Camiño.
A visibilidade de todos os colectivos que forman parte da sociedade galega e a súa inclusión é outro dos obxectivos do Goberno galego a través da programación de O teu Xacobeo. A Fundación Menela organiza dentro desta programación sete etapas do Camiño da Costa que gozarán unha vintena de adultos con TEA, mentres que a Asociación Bata fai o mesmo pero desde A Fonsagrada, O Cebreiro e Tui, coa axuda da aplicación Applicae no Camiño, para axudar ás persoas con espectro autista. Tamén Down Lugo impulsa experiencias no Camiño este verán.
Música e teatro
Dentro da programación musical de O teu Xacobeo destaca o Festivaliño on the road, unha caravana con actividades para os máis pequenos que percorre durante 40 xornadas diferentes localidades galegas e que esta fin de semana fai parada en Vigo, no festival do Marisquiño. Tamén inclúe concertos ao solpor que se celebran en zonas de Galicia de especial beleza paisaxística como Fisterra, no denominado Xacobeo music Experience.
O Barbeira Fest de Baiona, co impulso da música feita en Galicia, é outra das citas de O teu Xacobeo para este verán; ou o Festival Fisterra Film, no Semáforo de Fisterra, con artistas representativos dos Camiños Francés, Portugués e a Vía da Prata. O violoncello de Marc Coppey en Músicas no Camiño tamén forma parte da programación de verán ou Efecto Badalada, que se desenvolve en Guitiriz, Fisterra, Muxía, Chantada e Laza.
O teu Xacobeo tamén dá conta de moitas accións vinculadas ao teatro. Desde as visitas teatralizadas impulsadas polos concellos ata representacións como as de A Barraca Camiño a Compostela de Títeres Cachirulo, que vai facendo parada por 14 localidades do Camiño Francés ata chegar a Compostela, contando as aventuras das personaxes máis coñecidas e peregrinos máis salientables.
Deporte e espiritualidade
No eido deportivo as accións da Xunta a través de O teu Xacobeo traen este verán a Costa Atlántica MTB tour que partirá de Bueu e discorrerá por toda a provincia de Pontevedra, ademais dunha proba deportiva automobilística en torno ao Xacobeo ou o Campionato de Europa xuvenil de 420 e 470.
A espiritualidade tamén é unha temática desta programación, con encontros para reflexionar. É o caso de accións como Non só camiñamos, gozamos ou a que se desenvolverá na Illa de San Simón, Camiño cara a illa interior, centrado no Camiño como experiencia para a introspección, con actividades para pór en valor o patrimonio desa zona.
Longametraxe e libro
No capítulo de obras que se crearán a raíz desta programación de verán de O teu Xacobeo destaca a longametraxe O gran Camiño, que se centra no Camiño de Santiago como epicentro das grandes rutas do mundo, ou o libro A vista de dron, con 100 fotos panorámicas desde Roncesvalles.
Solpor Fisterra é unha aplicación para gozar en directo do solpor nesta parte de Galicia, cun time lapse da experiencia. A restauración do Naomh Gobrait, embarcación que partiu de Irlanda con peregrinos orixinais dese país cara a Compostela é outras das accións previstas. Hoxe o barco está no Museo do Mar de Galicia e O teu Xacobeo forma parte da súa restauración e da posta en valor da historia que significou esta peregrinación desde mar.
Ademais, Bibliotecas no Camiño, un proxecto para crear un punto de lectura móbil, a través dun concurso no que participarán arquitectos de toda Galicia, é outras das propostas máis salientables.
Enogastronomía
O patrimonio enogastronómico do Camiño concentra accións tan sobresaíntes como o proxecto Compostelata, impulsado por Anfaco-Cecopesca, no que os camiñantes selarán unha acreditación en distintas localidades do Camiño Francés onde se degustarán produtos en conserva galegos. A gastronomía tamén é a base para o proxecto que pretende impulsar a dieta atlántica vinculada aos itinerarios xacobeos (Camiño pola Costa).
Hai tamén oco para actuacións de maxia vencelladas ao Camiño; proxectos de navegación peregrina desde Baiona ata Boiro, a recuperación da Casa Nicanor, unha casa chairega como exemplo de preservación do patrimonio do Camiño; experiencias contadas polos peregrinos de onte e de hoxe e observacións astronómicas no proxecto O Camiño das estrelas, organizado polo Observatorio Ramón María Aller.

R.