MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, no Museo comarcal de A Fonsagrada

Mostra itinerante e publicación son dúas das accións do PROXECTO MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, emprendido por Galicia Digital, a familia do escritor e o Concello de Paradela, co apoio da Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), D.O. Ribeira Sacra e Real Academia Galega, contando nesta ocasión tamén coa colaboración do Concello de A Fonsagrada e do Museo fonsagradino.

A exposición –iniciada en Lugo e Paradela- tense xa trasladado aos Centros galegos de Barcelona e Salamanca, Lectorados de Galego en Braga e Porto, Casa de Galicia en Madrid, as sete cidades de Galicia e numerosas localidades do país.

No acto inaugural participaron o Alcalde de Paradela, José Manuel Mato Díaz; o Presidente do Museo da Fonsagrada, Xoán Xosé Molina; Santiago Rodríguez, fillo do escritor, no nome da familia e o Director de Galicia Digital, Antonio Giz. Neste acto, o cantautor de Becerreá afincado en Barcelona, Alfredo González Vilela, interpretou varias cancións sobre textos de Manuel Rodríguez López, aos que lles puxo a música e forman parte do seu repertorio habitual.

R.