4: Portomarín - Palas de Rei

Castromaior

Pasamos por CASTROMAIOR... O seu nome venlle do gran castro existente nas inmediacións.

Ten Igrexa románica, dedicada a Santa María. E chegamos a VENTAS DE NARÓN, última localidade de Portomarín, poboación que na Idade Media tivo gran importancia. Aquí deuse no ano 820 unha gran batalla entre árabes e cristiáns na que os cristiáns resultaron vencedores. O Códice Calixtino menciónaa como Sala Regina.

                                    Castro Mayor  Ventas de Narón

Monterroso

Por terras de MONTERROSO. En Ligonde, unha cruz de pedra recorda o lugar do antigo hospital, sostido pola familia dos Ulloa e do cemiterio de peregrinos. Carlos I e Felipe II, peregrinos a Santiago, fixeron parada neste lugar, entón de gran importancia.

A igrexa en Eirexe, románica con profundas modificacións, pertenceu á casa de San Marcos de León, da Orde de Santiago.  

                                    Cruz Ligonde  Ereixe

 

Palas de Rei

Desde Portos (Eirexe) moitos peregrinos desviábanse cara a Vilar de Donas... O seu templo románico é monumento nacional.

No século XII instaláronse aquí os cabaleiros da Orde Militar de Santiago, que combatían ós salteadores que abundaban no Camiño e esta igrexa foi o lugar de enterramento dos membros da Orde en Galicia.

Ademais de valiosos sarcófagos, a igrexa posúe fermosísimas pinturas do século XIV que -entre outros motivos- nos amosan as donas que costearon a construcción deste mosteiro e habitaron nel.

                              Vilar de Donas Vilar de DonasLestedo

 

En Lestedo, con templo dedicado ó Apóstolo, houbo un cemiterio de peregrinos e un hospital, fundado pola familia dos Ulloa.

 

Pico SagroChegamos a Rosario. Desde aquí vese ó lonxe o Pico Sagro, en Compostela. Por iso crese que o nome do lugar procede do rezo do rosario polos peregrinos, ó ver próxima a súa meta.

A duodécima etapa do Calixtino remataba en PALAS DE REI, Santirsoo Pallatium Regis, quizais relacionado co rei godo Witiza, que aquí residiría. Aquí comezaba o tramo final do gran Camiño e neste municipio incorporábanse moitos dos peregrinos que viaxaran a Lugo.

Se o municipio de Palas de Rei alberga importantes monumentos, na súa capital só a portada románcia da igrexa parroquial de San Tirso, é recordo do pasado.

 

Pambre

E o Castelo de Pambre, do século XIV, a fortaleza medieval máis completa de Galicia, das poucas que quedaran en pé na revolución irmandiña. Foi construída por Gonzalo Ozores de Ulloa.

Aínda desviándonos da nosa ruta, visitamos o Pazo de Ulloa, unha das famPazo Ulloailias máis destacadas do medievo, que tomaron o seu apelido do río próximo, protectores de peregrinos. Neste pazo, a Condesa de Pardo Bazán centrou a súa máis famosa obra Os Pazos de ulloa. Aquí estivo en numerosas ocasións a raíña dona Urraca.

De novo no camiño, Porto de Bois, que foi escenario da batalla entre os da Casa de Trastámara e Fernando de Castro, o conde de Lemos, sendo derrotado este último e tendo que exiliarse, primeiro en Portugal e logo en Inglaterra.