Más de 6.200 peregrinos llegaron a Santiago de Compostela durante la Semana Santa: 1.135 menos que en el mismo periodo de 2014

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A nova exposición do VIII Centenario de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela “San Francisco e o seu tempo” que abriu as súas portas no Pazo de Xelmírez o 27 de marzo superou xa os 1.000 visitantes. Trátase dunha mostra organizada por Turismo de Galicia que reúne unha escolma de arte dos séculos XIII e XIV.

A dita exposición ilustra a vida de San Francisco e os inicios da orde franciscana nun achegamento ao século XIII no que se desenvolve e se sitúa o principal expoñente da arquitectura gótica civil en Galicia.

Os contidos da mostra, expresados a través da escultura, pintura, restos arquitectónicos, documentos e ourivería dos séculos XIII e XIV, dialogan cos espazos do Pazo de Xelmírez integrándose así o espazo expositivo como unha peza mais desta exposición.

A mostra conta con grandes pezas da cultura occidental chegadas desde Italia, Francia, Portugal, Castela e León, e Galicia: pintura mural, pintura sobre táboa, escultura en granito, pedra calcaria e madeira policromada, ourivería, documentos, manuscritos medievais, etc.

Deste xeito, este gran proxecto expositivo constitúe un gran esforzo para amosar o espírito franciscano en harmonía co xacobeo, a lembranza de San Francisco e os seus irmáns no Camiño de Santiago, e a evocación da ruta de peregrinación a Compostela na Baixa Idade Media, no tempo do santo de Asís.

“San Francisco e o seu tempo” converterá así a Santiago de Compostela, unha vez máis, no epicentro artístico e cultural.

A exposición trata de explicar o contexto histórico-cultural no que se desenvolve a época de San Francisco e das primeiras xeracións franciscanas, evocando unha viaxe no tempo e no espazo.

Comeza esta viaxe nas portas da cidade de Asís, en concreto na porta de Santiago, e continúa polas portas das catedrais da ruta xacobea, espazos sacros do Camiño. Ten un pequeno alto meditativo nunha necrópole, nun breve encontro coa “Irmá Nai Terra” de San Francisco, antes de seguir cara a un albergue, hospital ou mosteiro.

A evocación do camiño de peregrinación entre Roma e Santiago conforma a seguinte parte da exposición; un camiño con estímulos coma as reliquias, tesouros de espiritualidade, a devoción mariana e os conventos franciscanos da ruta compostelá, evocados a través de pezas relevantes procedentes da catedral gótica de Bourges, do convento compostelán e do convento de Lorvão, en Coimbra, onde se atopan as reliquias dos mártires de Marrocos, franciscanos enviados por San Francisco a predicar ao norte de África.

A mostra remata nun encontro con San Francisco e o seu legado, cos valores humanos e espirituais do santo e dos seus freires.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
R.