Máximo histórico de viajeros en un año no jacobeo en Galicia donde la ocupación media superó el 70% en verano

Galicia ha "consolidado" su línea "ascendente" en la demanda turística y número de viajeros, de pernocta y de ocupación de los establecimientos, según el último estudio analizado en el Consello de la Xunta, que constata el registro de "un máximo histórico" de viajeros en un año no jacobeo. Según ha destacado el presidente gallego, Alberto Núñez Feijóo, en la rueda de prensa posterior al Consello de la Xunta, la comunidad ocupa también un lugar privilegiado a nivel estatal, situándose en el grupo de las comunidades "con mayor intensidad de crecimiento" en relación al pasado año, sólo por detrás de Madrid, Navarra y Asturias. En términos de volumen, ha enfatizado que Galicia lidera el mercado turístico del noroeste peninsular.

Según los resultados obtenidos en este estudio realizado a principios de septiembre, el nivel de ocupación medio del verano se sitúa en el 70,6% para el conjunto de los hoteles de Galicia, cifra que supera en casi cuatro puntos porcentuales el dato del pasado año. Por otra parte, en los meses de junio y julio se registraron un total de 90.800 peregrinos que recogieron la 'compostela' en la oficina de Santiago, la cifra más elevada alcanzada en un año no jacobeo.

En cuanto a la procedencia de los peregrinos, continúa la tendencia a la internacionalización del Camino. En el periodo estival, un 39,3 por ciento de los peregrinos fueron extranjeros, cifra que se incrementó en un 15,1 por ciento respecto al año anterior. Los datos del Gobierno gallego evidencia la dinámica positiva del turismo internacional en Galicia, que Feijóo ha celebrado y que se traduce en buena medida en un incremento del gasto total realizado. En concreto, en este inicio de verano el gasto total efectuado por los turistas internacionales en Galicia se sitúa en casi 180 millones de euros, cifra que supera en un 20 por ciento el dato del pasado año. "Estamos ante la comprobación de una buena evolución no sólo por la recuperación del turismo nacional, sino porque ya estamos en el 30 por ciento del total de viajeros de turismo internacional", ha abundado el presidente gallego, para concluir que el turismo tiene que seguir siendo "un pilar fundamental de la recuperación" de la economía gallega.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou, na rolda de prensa do Consello, os datos da evolución do sector turístico nos meses de verán, que confirman, segundo explicou, que o comportamento turístico de Galicia desde a Semana Santa de 2014 está “nunha liña clara de mellora”, polo tanto, dixo, “continúa a liña ascendente de número de viaxeiros, de número de pernoitas e de ocupación dos establecementos en Galicia”.

Deste xeito, e máis polo miúdo, Feijóo precisou que, segundo a sondaxe feita ao sector, o nivel de ocupación medio acadou o 70,6% para o conxunto dos hoteis da Comunidade, é dicir, case catro puntos porcentuais por enriba das cifras obtidas o pasado ano, cando a sondaxe interna arroxou unha ocupación media do 66,7% para toda Galicia.

Nesta mesma liña, subliñou que os establecementos de tres a cinco estrelas son os que presentan mellor valoración en termos relativos, sendo salientable que a percepción positiva se estende a todas as categorías hoteleiras.

Esta boa tendencia non só se confirma no nivel de ocupación, senón tamén coa propia percepción que o sector ten da situación vivida no verán. Así, sete de cada dez establecementos consideran que manteñen ou melloran as cifras de ocupación respecto ao verán de 2013.

Así mesmo, cómpre salientar que no bimestre xuño-xullo deste ano 2014, Galicia rexistra un incremento importante dos niveis de demanda turística regrada, superando nun 5,2% a cifra de viaxeiros aloxados respecto aos mesmo período de 2013 (preto de 950.000) e nun 4,6% o nivel de pernoitas con respecto ao mesmo período do pasado ano.

Por outra banda, e en termos de viaxeiros, neste ano 2014 Galicia rexistra o máximo histórico dun ano non Xacobeo, “quedando só por debaixo dos datos acadados no Xacobeo do ano 2010”, sinalou o mandatario galego.

Durante a rolda de prensa, Feijóo salientou, ademais, que a nivel estatal, Galicia se sitúa no grupo das comunidades con maior intensidade de crecemento en relación ao pasado ano, só por detrás de Madrid, Navarra e Asturias, liderando, en todo caso e en termos de volume, o mercado turístico do noroeste peninsular.

No tocante ao incremento da demanda, o presidente da Xunta precisou que esta se produce “polo bo comportamento do turismo nacional pero tamén por un incremento notable do turismo internacional”. Así, incidiu, o mercado nacional sobe un 3,3%, mentres que o internacional crece un 9,4% -porcentaxes referidas ás pernoitas-. De feito, o turismo internacional acada neste ano máximos históricos de niveis de demanda en Galicia no bimestre xuño-xullo, con preto de 280.000 viaxeiros e 463.000 pernoitas.

Ante esta cifras, o responsable do Goberno galego observou que “se consolida a tendencia de cambio na estrutura da demanda, cun peso cada día maior do turismo internacional na Comunidade”: supón neste período preto do 30% dos viaxeiros, porcentaxe que entraña tamén “un máximo” nas estatísticas coñecidas a data de hoxe, dixo.

Ademais, séguese a reforzar o fenómeno do Camiño de Santiago, cun total de 90.800 peregrinos que recolleron a Compostela na oficina de Santiago, o que supón un 9% máis que o pasado ano. “É a cifra máis alta dun ano que non é Xacobeo”, precisou Feijóo.

En relación ao gasto realizado, o titular da Xunta explicou que no inicio do verán o gasto total efectuado polos turistas internacionais en Galicia se situou en preto de 180 millóns de euros, cifra que supera nun 20% o dato do ano pasado.

“Estamos ante a comprobación, cos datos pechados de xuño e xullo, e cos datos subministrados do sector turístico durante o mes de agosto, nunha boa evolución, non só pola recuperación do turismo nacional, senón porque xa estamos no 30% do total de viaxeiros de turismo internacional”, abundou Feijóo, lembrando que esta recuperación permitiu, con carácter xeral, un aumento dos ingresos e, polo tanto, “reiterámonos en que o turismo ten que seguir sendo un piar fundamental da recuperación da economía galega”, concluíu.
R.