12 establecimientos de la red de Paradores ofrecen el Menú peregrino, de Asís a Compostela

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Un total de 12 establecementos da rede de Paradores teñen a disposición dos seus clientes o Menú Peregrino, de Asís a Compostela, unha iniciativa gastronómica na que a Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, e Paradores colaboran no marco dos actos conmemorativos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago.

A directora de Turismo de Galicia e mais a presidenta de Paradores realizaron hoxe unha presentación desta iniciativa enogastronómica. Segundo explicou a directora de Turismo de Galicia, o Menú Peregrino resume a maridaxe perfecta entre o Camiño e a gastronomía e aglutina o mellor da tradición gastronómica galega cun dos elementos con maior potencialidade de internacionalización da nosa oferta turística como é o Camiño de Santiago. O Menú Peregrino, dixo, “conforma un novo reclamo para todos aqueles que queiran gozar da mellor cociña galega”.

Paradores en colaboración cos restauradores galegos con Estrella Michelin ofrecen a posibilidade de degustar un menú especial deseñado con motivo desta efeméride. No acto de Presentación-Degustación do menú interviñeron tamén unha representación dos cociñeiros galegos con Estrella Michelín que participan na iniciativa: Yayo Daporta, Pepe Solla, Javier Olleros, Manuel Costiña, Fernando Agrasar, Juan Crujeiras e Bea Sotelo.

Así, oito restaurantes galegos con Estrella Michelín elaboraron as receitas que conforman este Menú Peregrino, de Asís a Compostela. Os restaurantes son:

-A ESTACIÓN (Cambre - A Coruña). Beatriz Sotelo y Xoán Crujeiras
-ÁRBORE DA VEIRA (A Coruña). Luis Veira
-AS GARZAS (Malpica de Bergantiños - A Coruña). Fernando Agrasar
-CASA SOLLA (Poio - Pontevedra). Pepe Solla
-CULLER DE PAU (O Grove -Pontevedra). Javier Olleros
-RETIRO DA COSTIÑA (Santa Comba - A Coruña). Manuel Costiña
-PEPE VIEIRA CAMIÑO DA SERPE (Poio - Pontevedra). Xosé Cannas
-YAYO DAPORTA (Cambados - Pontevedra).Yayo Daporta

A todos eles, únese o xefe do cociña do Parador Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela, José Gómez, coa achega dun aperitivo elaborado para a ocasión. O especial Menú Peregrino, de Asís a Compostela pódese degustar en 12 establecementos da rede de Paradores ao longo do ano (dende maio xa pode degustarse).

O Paradores que colaboran neste programa son os seguintes: en Aragón, o Parador de Bielsa; en Navarra, Parador de Olite; en La Rioja, Parador de Santo Domingo de la Calzada; en Castela e León, Paradores de Lerma, de Cervera de Pisuerga, de Benavente e de León. Xa en Galicia, o Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil, o de Baiona, o de Cambados e mais o de Ribadeo, así como o Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela.

A directora de Turismo destacou na súa intervención durante a presentación desta iniciativa que a enogastronomía constitúe xunto co Camiño de Santiago e o patrimonio natural e cultural, un dos máis relevantes valores diferenciais que fan de Galicia un destino único.

Resaltou tamén a súa potencialidade como atractivo turístico en si mesmo e en combinación con outros produtos turísticos, así como o feito de que Galicia conte coa maior variedade de froitos do mar do mundo e de que sexa o primeiro produtor e consumidor español de peixe, así como que contemos con produtos distinguidos pola súa calidade certificada.

Ademais de contar con 11 restaurantes con Estrella Michelin –a 5ª comunidade do Estado- e con 29 Soles Repsol, Galicia dispón de 51 establecementos de restauración con Q de Calidade Turística.

A directora de Turismo recalcou a presenza da enogastronomía como recurso endóxeno no Plan Integral de Turismo de Galicia, así como algunhas accións a impulsar en relación con este produto turístico no marco do citado plan.
R.