Las cinco catedrales gallegas abren virtualmente sus puertas a las visitas turísticas

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, da Secretaría Xeral para o Turismo, vén de poñer en marcha unha nova iniciativa que permite visitar virtualmente as cinco catedrais galegas na web www.turgalicia.es.

Trátase de visitas fotográficas en 360 graos que posibilitan desenvolver auténticas tours turísticas para visualizar e apreciar os recursos e detalles arquitectónicos das catedrais galegas.

A visita realízase a través de imaxes inmersivas e esféricas, o que permite ao visitante internarse en todas as estancias da catedral: capelas, retablos, facer xiros, e enfocar detalles para apreciar os elementos construtivos destes monumentos.

A través da web de Turgalicia, o visitante que entre neste apartado, que desde hoxe atopará na páxina de acceso, poderá elixir unha catedral para interactuar. Poderá moverse en calquera dirección, facer achegamentos (zoom), xiros ou pararse nos detalles.

O movemento automático, a visión a pantalla completa e o son ambiente son outras das características que sorprenderán ao visitante.

A inclusión deste novo servizo virtual na páxina web do Turismo de Galicia, obedece á estratexia de implantación da nova marca turística da Comunidade galega, Galicia, gárdasme o segredo?, na que se aposta por achegar aos potenciais clientes turísticos de Galicia un marco de experiencias turísticas que faga máis atractiva a presentación da oferta turística galega.

Deste xeito, a Xunta xa desenvolveu unha experiencia semellante a esta da catedrais cos mosteiros galegos, que desde o pasado ano se poden visitar virtualmente desde a mesma web de Turgalicia.

Fotografía: Carlos Rodríguez Arias.
R.