El Comité Internacional de Expertos del Camino de Santiago seguirá potenciando la investigación de la ruta jacobea

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago acorda, trala reunión celebrada na sede da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, colaborar co Museo das Peregrinacións e de Santiago para continuar potenciando os traballos do Centro de Investigación do Camiño de Santiago. Asemade, publicarase proximamente o segundo número da revista científica anual dos Estudos Xacobeos Ad Limia, con colaboracións e estudos de diversos historiadores expertos na materia. Tamén se abordaron outras actuación que se irán anunciando nos vindeiros mesos.

Á reunión asistiron o presidente do Comité e profesor do Centro de Estudos Xacobeos da Universidade de Peruggia (Italia), Paulo Caucci Von Saucken; a secretaria do Comité e directora-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Camino Triguero; o catedrático de Historia Medieval da Universidade de Santiago de Compostela, Fernando López Alcina; a experta de orixe francesa Adeline Rucquoi; a investigadora Rosa Vázquez; e o técnico en Estudos Xacobeos Manuel Rodríguez.

Doutra banda, tamén se acordou publicar as actas do VIII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos celebrado en outubro de 2010 e organizado polo Xacobeo 2010, dentro da súa programación de Camiño da Reflexión, e o Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago. Nesta evento participaron máis de vinte investigadores españois, italianos, franceses, alemáns e norteamericanos, e a publicación dos seus traballos contribuirá a difusión e promoción da Ruta Xacobea por todo o mundo.

Baixo o título de “Peregrino, ruta e meta nas peregrinacións maiores”, neste congreso abordáronse as peregrinacións maiores a Santiago, Roma e Xerusalén, abrindo novamente a porta á colaboración entre as principais cidades santas de Occidente, defendendo a súa realidade común, a súa pertenza a unha cultura da peregrinación, e propoñendo a existencia de itinerarios de ida e volta entre os tres destinos. Este encontro contou cun total de 22 conferencias, que abordaron a materia das peregrinacións centrándose en aspectos como os itinerarios, a meta ou o propio peregrino.

O Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago creouse no ano 1992 co obxectivo de asesorar no eido científico e cultural á Consellería de Cultura de cara ao Ano Santo de 1993. Este comité está integrado polos máis recoñecidos investigadores europeos de temática compostelá e teñen, ademais de coñecementos especializados, un particular arraigo co mundo xacobeo.

R.