El presidente de la Xunta confía en prolongar el éxito del Xacobeo durante 2011

La Biblioteca de la Ciudad de la Cultura acogió el acto de presentación de la memoria escrita y audiovisual del Xacobeo, que consta de más de 500 páginas en las que se detallan los más de 2.000 eventos culturales y los más de 9,3 millones de viajeros que acudieron a Galicia, de los que más de 5 millones fueron excursionistas y 4,2 se alojaron al menos un día en la Comunidad.

Durante su intervención, Núñez Feijoo quiso «completar» esta memoria con una efeméride a modo de «enmienda por adición» que, a su juicio, debería iniciar el documento, en la parte de derechos, para «explicar y justificar» su contenido, y dijo que es el «episodio» ocurrido hace hoy exactamente dos años, cuando se celebraron las elecciones autonómicas que ganó el PPdeG, partido que preside.

Apuntó una interpretación de esa fecha en la que, añadió, «todos nos sentiríamos cómodos», y es que «aquel 1 de marzo fue una prueba indiscutible de la evolución de Galicia en los últimos tiempos», una Comunidad autónoma «actual» y que «ya tiene completamente interiorizado un cambio que forjaron en las últimas décadas» actores políticos, económicos y sociales.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, avogou por que 2011 e os vindeiros anos sexan a continuación “dun Xacobeo inesquecible” e avanzou que Galicia acollerá neste ano “eventos de primeiro nivel con figuras de relevancia internacional e cun protagonismo fundamental para os artistas galegos”. Así o dixo o presidente da Xunta na presentación esta mañá na Cidade da Cultura da memoria audiovisual e escrita do Xacobeo 2010, un evento co que, dixo, Galicia demostrou que “somos capaces de organizar, na maior crise económica que se recorda e a contrarreloxo, o mellor Ano Santo da nosa historia”.

O titular da Xunta resaltou que durante o ano pasado “cada día unha media de 20.000 persoas participaron nalgún acto do Xacobeo” e que Galicia, con case nove millóns e medio de viaxeiros, “dobrou practicamente todos os indicadores turísticos respecto da media nacional e respecto do último Xacobeo, sendo líder na maior parte deles”. Ademais, engadiu, a celebración do Ano Santo permitiu que “a nosa economía crecera lixeiramente mentres que decreceu no resto de España”.

Na súa intervención, o mandatario galego manifestou que tamén o presente 2011 “reúne ingredientes sobrados para resultar inesquecible” con “efemérides fundamentais para a nosa terra” como Oitavo Centenario da Consagración da Catedral de Santiago, a inauguración oficial dos primeiros edificios da Cidade da Cultura e a declaración do presente ano como o Ano da Música.

Feijóo destacou que a Xunta reforzará “apostas frutíferas” do pasado ano, como demostra a declaración de 2011 como Ano da Música, que renovará a programación do ano pasado e, ao tempo, manterá festivais como Vigo Transforma e Sonar Galicia, ciclos como Galicia Classics ou grandes espectáculos como o Circo do Sol. “Ou como faremos co impulso á oferta tan variada que pode ofrecer Galicia, co turismo rural, gastronómico, termal ou náutico”, engadiu.

O xefe do Executivo autonómico considerou que o éxito do Xacobeo 2010 é froito desa nova cultura que latexa no noso país”, que foi quen de “non desaproveitar unha oportunidade que non se lle presentará novamente ata dentro dunha década”. Nese sentido, afirmou que, ao igual que o 1 de marzo de 2009, en que Galicia acadou unha participación electoral histórica, “o Xacobeo representa un pobo que traza o seu propio camiño e que sabe que del depende chegar a un bo destino”

Tras subliñar o carácter “decidido e inconformista” co que Galicia abordou asuntos como o futuro financeiro ou o diálogo social, Feijóo avogou por que o país “cimente o seu futuro coa mesma naturalidade, coa mesma decisión e co mesmo inconformismo con que actúa nos momentos decisivos”. “Estou certo de que, do mesmo xeito que fixeron posible grandes fitos como o Acordo polo Diálogo Social, a ordenación do territorio ou o propio Xacobeo, nos permitirán culminar con éxito as materias coas que nos apremia o futuro”, subliñou.

A memoria do Xacobeo 2010 está composta por un libro de máis de cincocentas páxinas e por un vídeo de 55 minutos. Trátase dun amplo balance no que se contemplan todos os aspectos que conformaron o Ano Santo: as melloras levadas a cabo na rede de albergues; o programa cultural, cos dez camiños da programación e os seus resultados, así como as publicacións e a investigación científica realizada nese ano pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. Por último, inclúese un apartado referido ás accións e resultados no campo da imaxe, o marketing e a comunicación, facendo fincapé na promoción en canles turísticas, as campañas publicitarias en medios, o plan de comunicación online e as accións de relacións públicas e comunicación.

Xunto á presentación deste balance, o acto tamén tivo como obxectivo facer un agradecemento ás 23 empresas patrocinadoras de Xacobeo 2010 que, grazas ao seu apoio, fixeron posible este gran proxecto. Deste xeito, lembrarase o importante papel xogado polos socios, patrocinadores e colaboradores, que contribuíron co seu compromiso ao éxito de Xacobeo 2010 e souberon entender a importancia deste evento, tal e como o propio presidente recoñeceu.

Fotografía: archivo GD / Xunta de Galicia
R.