Feijoo salienta que Xuño consolídase como "o mellor da década" ao marcar un "récord de viaxeiros a Galicia" e ratifica o obxectivo de acadar os oito millóns de visitantes neste Xacobeo

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacoe que o mes de xuño volve mrcr un record e convértese "no mellor mes da década" en canto a número de viaxeiros e pernoitas rexistrados en Galicia. Baseándose nos datos do Instituto Nacional de Estadística correspondentes ao primeiro semestre do ano, Feijóo incidiu en que "todo apunta a que estamos xa con catro millóns de viaxeiros no primeiro semestre do ano 2010" e, considerando que a proxección nun primeiro semestre é un 40% do total de visitantes, recalcou que "estamos en condicións de poder manter o obxectivo de conquerir oito millóns de visitantes, que era o obxectivo do Xacobeo 2010" e lograr "un incremento do turismo en pleno momento de crise económica".

Trala reunión do Consello da Xunta, o mandatario galego deu conta do balance de ocupación turística en Galicia, do que destacou que medrou o número de viaxeiros nun 12,6% no primeiro semestre deste ano con respecto ao mesmo período do ano pasado, en un 6,4 por cento máis con respecto ao primeiro semestre do Xacobeo 2004, e o dobre que no resto de España. No caso concreto de xuño, o presidente destacou que o número de viaxeiros incrementouse nun 19,5% neste mes que se converte así "no mellor mes de xuño dos últimos dez anos".

Respecto ao incremento das pernoitas para o mencionado período, Feijóo informou de que medraron nun 9% con respecto ao ano pasado, nun 6,6% con respecto ao último Xacobeo e dun 3% se se compara coa media nacional. Tamén salientou que hai "un numero importante de persoas aloxados en hoteis e pensións", sector que rexistrou un incremento das pernoitas do 13%, mentres que o aumento en apartamentos turísticos e campings foi do 1,9%.

No que se refire a prezos hoteleiros, o presidente salientou unha subida do 2,7% en contraposición coa media estatal que rexistra unha baixada de prezos do 1,4%. "Polo tanto estamos aguantando non só o número de viaxeiros, non só o número de visitantes, senón tamén os custes hoteleiros e polo tanto os beneficios do sector turístico en Galicia", recalcou o presidente, quen concluíu que "o Ano Santo Xacobeo está cumprindo os seus obxectivos desde o punto de vista social , desde o punto vista cultural e desde o punto de vista económico".
R.