Cultura confirma que en breve se abrirá el Panteón de Galegos Ilustres y que se regulará por convenio

Así lo anunció el conselleiro en declaraciones a los medios de comunicación tras reunirse con el vicario general del Arzobispado de Santiago, Víctor Maroño, y recordó que hace unos días mantuvo una conversación al respecto con el arzobispo, Julián Barrio.

Tras explicar que "quedó clara la titularidad de la Iglesia", la intención de la consellería, que asumirá el mantenimiento del panteón, es "abrir cuanto antes al público". "Llegamos a un acuerdo con el vicario que permite abrir el panteón y ese régimen de apertura se formalizará en un convenio que se firmará en próximos días", comentó Varela, quien precisó que el documento "se firmará en menos de una semana".

No obstante, resaltó que "se podrá utilizar el panteón en cualquier caso el próximo 25 de julio para la misa de Rosalía y las actividades típicas". El titular de Cultura resaltó que la apertura será "regular y diaria", aunque puntualizó posteriormente que, por el momento, no se han establecido "cuantos días". "Vamos a abrir el panteón. Vamos a asumir el mantenimiento. Eso es lo que permite garantizar el régimen de visitas", afirmó y comentó que ahora estudiarán la organización de la apertura. "Tendrá que haber seguridad", aseveró y emplazó al borrador ya preparado que tendrán que estudiar ambas partes, que confía en firmar en "un plazo muy breve".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela e o vicario xeral do Arcebispado de Santiago de Compostela, Víctor Maroño, chegaron a un acordo para a inminente apertura ao público do Panteón de Galegos Ilustres, nunha reunión que mantiveron esta mañá nas dependencias da Consellería de Cultura e Turismo. Segundo anunciou o conselleiro, o acordo permitirá que o monumento se abra antes do 25 de xullo.

Desta forma, Varela da cumprimento ao compromiso que asumiu ante o Parlamento de Galicia de “conseguir a apertura do Panteón de Galegos Ilustres dentro do ano Xacobeo” e expresou a súa “satisfacción por este gran acordo para todos os galegos”. Na reunión tamén estiveron presentes o secretario xeral da Consellería de Cultura e Turismo; Antonio Fernández-Campa; e o director xeral de Patrimonio Cultural, José Manuel Rey Pichel. O réxime de aperturas regularase mediante un convenio entre as partes que se asinará nos próximos días.

Roberto Varela manifestou que para a Xunta de Galicia “era un obxectivo irrenunciable garantir esta apertura do Panteón e a posibilidade do seu uso en condicións de normalidade para todos os galegos”. A Consellería de Cultura culmina con esta reunión os distintos pasos que estaba a dar na procura do acordo, tal e como anunciou o conselleiro no Parlamento de Galicia. O titular de Cultura lembrou a importancia “da accesibilidade a un patrimonio tan fundamental para Galicia e os galegos, como é o Panteón de Galegos Ilustres”.

Nese sentido, o conselleiro recordou a “enorme importancia do Panteón para Galicia” e avogou por unha “configuración do Panteón como un espazo de encontro para os galegos e un símbolo vivinte da cultura da nosa terra”.

O conselleiro asegurou que neste espazo emblemático, “o pobo galego pode atopar algunhas das pegadas máis firmes e fondas da súa identidade”, xa que alí repousan “seis grandes persoeiros sen os cales sería imposible concibir a cultura galega tal e como é na actualidade”, como son Rosalía de Castro, Alfredo Brañas, Francisco Asorey, Ramón Cabanillas, Domingo Fontán e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

O peche do Panteón de Galegos Ilustres foi o resultado dun longo proceso xudicial. No ano 2006 o Tribunal Supremo ditou sentenza a favor da titularidade do Arcebispado de Santiago, unha sentenza que se executou no 2010. Agora, con este acordo impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo, volve a garantirse a apertura do Panteón ao público.
R.