Xacobeo Importa: Alice Cooper actúa en noviembre en Santiago de Compostela

La banda norteamericana liderada por el cantante de rock Alice Cooper actúa el día 27 de noviembre en Santiago de Compostela, en el marco del ciclo Xacobeo Importa. Alice Cooper tocará por primera vez en Galicia y tendrá como escenario el Multiusos Fontes do Sar, informó la Xunta en un comunicado.

Con una carrera que comenzó en 1969, en plena época hippie, apadrinado por Frank Zappa, el músico norteamericano rompió moldes con espectáculos en vivo en los que la provocación, los excesos sexuales y alcohólicos, la imaginería sadomasoquista, incluso en algunos casos un tanto necrófila, eran los protagonistas, algo que más tarde transformaría en performances glamurosas, con boas de plumas que se alternaban con detalles macabros.

Con títulos como Pretties for you, Trash o Goes to hell, en total más de 25 álbumes grabados en casi cuarenta años de carrera, Alice Cooper se ha convertido en una de las figuras más influyentes en el mundo del rock.

La actuación en Galicia se enmarca en el ciclo Xacobeo Importa, que tiene el propósito de acercar al público artistas de referencia en los circuitos alternativos y consolidarse como una propuesta estable a lo largo del año, según la nota.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A banda norteamericana Alice Cooper actuará por primeira vez en Galicia no marco do ciclo Xacobeo Importa. Dada a complexidade da produción e as necesidades técnicas da xira, o concerto terá lugar nun aforo superior aos habituais neste ciclo. Deste xeito, a actuación terá lugar o 27 de novembro no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela e as entradas sairán á venda nos puntos de venta habituais

O mítico cantante norteamericano Alice Cooper, en activo desde 1964 e cunha traxectoria difícil de igualar, estrease en Galicia dentro do ciclo Xacobeo Importa coa súa propia xira e as súas famosas montaxes. Alice Cooper ten sido unha das bandas pioneiras en derivar o son hard rock dos anos 70 no glam rock máis auténtico. A súa novidosa posta en escena, a súa imaxe e un espectacular sentido teatral son os seus signos de identidade. As súas maquillaxes de aspecto sinistro e as súas provocativas representacións influenciaron notablemente a artistas como Kiss, Rob Zombie ou Marilyn Manson. Nos seus últimos discos, Alice Cooper retoma o rock n’roll e hard rock máis puro e no 2009 encabezou o festival Azkena Rock tras varios anos sen actuar en España. Na súa última xira, que chegará en novembro a Galicia, repasará os principais éxitos da súa lonxeva carreira.

Desde o inicio do ciclo, os preto de 4.000 asistentes concertos programados avalan o éxito das propostas que Xacobeo Importa trouxo a Galicia ata chegar ao ecuador da súa programación. Desde que se inaugurou a súa programación co concerto de Vetiver, o ciclo non deixou de colgar o cartel de entradas esgotadas na maior parte dos seus concertos, como foron o de Richard Hawley en A Coruña, o de Joan Baez en Vigo ou o de Yo La Tengo en Santiago, para os que se venderon todas as entradas días antes dos concertos. As últimas actuacións de Mark Lanegan e Raekwon en Compostela tamén demostraron, con case 1.200 asistentes entre os dous, que a diversidade de propostas e estilos que ofrece o ciclo Xacobeo Importa son garantía de éxito.

Para o ano 2010, e xunto a Xacobeo 2010, deseñouse unha edición deste ciclo cunhas expectativas ambiciosas. Deste xeito, Xacobeo Importa continúa co propósito de achegar ao público galego artistas de referencia nos circuítos alternativos e consolidarse como unha proposta estable ao longo do ano. A próxima cita de Xacobeo Importa será o 30 de xuño coa presenza de Rufus Wainwright no Centro Cultural Caixanova de Vigo. A día de hoxe, as entradas para asistir a este concerto están practicamente esgotadas. Coa confirmación da actuación de Alice Cooper, mantense e reforzase a idea coa que naceu o grupo, que é a de achegar a Galicia grupos de referencia de diversos estilos en datas exclusivas.
R.