57 piezas de las colecciones de la Catedral de Compostela y de Caixa Galicia, en la muestra Santiago, punto de encontro

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Xacobeo 2010 e a Fundación Caixa Galicia inaugurarán a partir ás 20.00 horas a mostra Santiago, punto de encuentro, que estará aberta ao público en Santiago de Compostela ata o 7 de novembro na sede da Fundación Caixa Galicia de Compostela,. Fai un percorrido por dez séculos de creación artística nun inédito diálogo entre as coleccións da basílica compostelá e a entidade financeira.

A mostra foi presentada polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, que estiveron acompañados polo director de Acción Social de Caixa Galicia, José Manuel García Iglesias, o deán da Catedral de Santiago, José María Díaz, e os comisarios da mostra Juan Monterroso e Ramón Yzquierdo.

Durante o acto de presentación, o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, definiu a mostra como “unha das máis interesantes exposicións plásticas pensadas para este Ano Santo”. Roberto Varela engadiu que a exposición amosa “distintas realidades sociais e históricas falando dunha realidade plural e cambiante, galega e universal”, na que os visitantes poderán contemplar por primeira vez fóra da Catedral de Santiago algunhas das pezas do cabido catedralicio.

Na súa intervención, o conselleiro de Cultura e Turismo asegurou que Santiago, punto de encuentro explica “algunhas das grandes obras de dúas coleccións esenciais do noso patrimonio cultural” e incita ao público a “reflexionar sobre o papel que xoga a arte na sociedade nos últimos séculos”. Para o conselleiro, a exposición quere ser “punto de encontro compostelán e galego de visitantes de todas as latitudes, de persoas que aprecien e amen a Arte”. Roberto Varela destacou as obras da mostra como “elementos esenciais da nosa cultura, forxadores da nosa sociedade e das súas imaxes ao longo da Historia”.

O ambicioso montaxe de Santiago, punto de encuentro, que se presenta como un diálogo inédito entre a arte sacra e a plástica moderna, permitirá aos visitantes gozar, por primeira vez fóra do recinto catedralicio, dalgunhas das obras mestras do legado artístico xacobeo custodiado na Catedral de Santiago, enfrontadas a unha selección de pezas destacadas da colección de arte moderno de Caixa Galicia. Asemade, inclúense obras nunca antes expostas e pezas restauradas para a ocasión.

Deste xeito, os traballos escultóricos do Mestre Mateo ou fustes da antiga fachada norte da Catedral, ambos de comezos do século XII, compartirán espazo con obras de autores como Dalí, Picasso, Chillida ou Tino Grandío, nunha selección que tamén inclúe pezas de galegos como Francisco Leiro, Manolo Paz, Castelao, Lugrís, Asorey ou Maside, entre outros. A través destes elementos, a exposición fai un amplo viaxe desde unha peza de finais do século XII a unha obra de 2003.

Os comisarios da exposición presentada hoxe en Santiago propoñen un percorrido dividido en dez capítulos para os que se reuniron un total de 57 pezas en multitude de formatos, conformando unha importante cita para a arte galega na que, por primeira vez, poderanse ver algunhas das obras do Museo da Catedral recuperadas para o acervo patrimonial galego despois da súa restauración.

Dez seccións

No primeiro apartado da exposición coinciden obras de Picasso e Chillida acompañadas dun tímpano anónimo do segundo cuarto do século XIV e dun extraordinario San Mateo do Mestre Mateo, datado entre os séculos XII e XIII. No segundo capítulo da mostra recóllense imaxes de Castelao o Leiro, que serviron no seu momento como denuncia de situacións concretas.

Pola súa banda, o terceiro apartado de Santiago, punto de encuentro explora a importancia das pequenas cousas e analiza como fraccións de certas obras posúen un extraordinario poder de evocación. Deste xeito, pódese observar a través das pezas o transcurso dunha determinada acción, cal é o xesto dun determinado retrato ou póñense de manifesto os detalles dun bordado que poden pasar desapercibidos.

Na cuarta parte da mostra, titulada Con vocación de estilo, inclúense obras realizadas por Pardo, Rodeiro, Urbano Lugrís ou Juan A. García de Bouzas, que responden con sinceridade á pregunta da súa vocación. Cada unha destas pezas manteñen viva a validez do seu referente, xa sexa Goya, Caravaggio, Ferreiro, a tradición irlandesa de San Brandán ou a imaxe sedente do altar maior de Santiago de Compostela.

O seguinte apartado da exposición pon de manifesto a historia que existe detrás de cada obxecto cotiá, o relato que espera ser contado ao público e que pasa desapercibido no día a día. Xa se trate dun anacronismo como no relevo de Gregorio Español ou o presente na escena do Pescador Napolitano (un cartón de finais del XVIII de José del Castillo), xa sexa a soidade dun pequeno xarrón con flores dentro dun retrato ou da fotografía dunha ventá compostelá (Elisa Sighicelli, Santiago: ventá con plantas, 2000). Cada un deles revístese dun significado diferente ao da súa existencia cotiá.

A sexta parte da mostra que estará en Santiago de Compostela ata novembro fai unha viaxe polo tempo e o espazo das obras de arte. Neste apartado, pezas de Manolo Paz ou Jorge Barbi enfróntanse co fuste entorchado da antiga fachada da Catedral e supoñen, segundo destacan os comisarios da exposición, “un exemplo da repetición do motivo para construír unha orde complexa”. Pola súa banda, grupos de pezas como o da Anunciación ou a táboa de Juan Bautista Celma supoñen “un xeito de contar que transcorre dentro dun espazo e prolongase máis aló dos límites físicos do seu marco, para complementarse co correspondente a outras obras”.

No súa sétima parte, Santiago, punto de encuentro recolle a obra de artistas como Goya ou Luís Seoane, que en distintos momentos representaron, por exemplo, músicos solitarios que se afanan por facer tocar os seus instrumentos no medio da natureza. O que se busca é resaltar que “non é posible ignorar o xogo, ao igual que non é posible ignorar a música”, xa que as dúas cousas nacen co ser humano e acompáñano ao longo da súa historia.

A mostra tamén percorre os distintos arquetipos e diferentes roles que desempeñaron as mulleres na sociedade e que foron representados a través da arte. Deste xeito, se no caso da arte relixiosa esta interpretación encarnase na figura de María e das diferentes santas e mártires, na arte contemporánea descóbrese en mulleres como as pintadas por Sotomayor, mulleres campesiñas ou damas como a de Elvira Santiso.

Santiago, punto de encuentro tamén explora a idea da dor e da emoción como reflexo da propia existencia do ser humano. Como na poesía, a evocación dos afectos no público conséguese a través da dor dunha nai, como na Piedad, no sufrimento dun ser humano como en San Sebastián e San Andrés, coa intensidade dunha mirada como en ‘El Místico’, de Darío Villalba, ou na enerxía dun xesto como en Dalí, Broto ou Millares.

Por último, a mostra inclúe figuras como El Coco y la Coca, que encabezan o paso dos xigantes e os cabezudos medievais da Catedral de Santiago e que se inclúen por primeira vez nunha montaxe deste tipo, obras de Maruja Mallo, Valeska Soares ou Rafael de la Torre Mirón. Estas pezas teñen en común que se serviron da percepción aumentada “como recurso a través do que desbordar os límites da creatividade e crear un efecto poético-evocador”, segundo destacan os comisarios da exposición.


R.