Xacobeo 2010: Galicia ao Vivo convertirá la comunidad autónoma en un gran escenario de música en directo a través de 12 festivales

Así lo aseguró el conselleiro de Cultura, Roberto Varela, durante la presentación de este ciclo que pretende "ayudar a consolidad estos festivales" y apostar por la música en directo, algo que, anunció, también se hará el próximo año, que será declarado por la Xunta Año de la Música.

Música ao vivo englobará 12 festivales celebrados a lo largo de la geografía gallega y que abarcan diferentes tipologías musicales, desde lo tradicional hasta la música moderna. "Gracias a la música en directo conseguiremos que Galicia consolide su capacidad de estar en la vanguardia en todos los ámbitos sin perder de vista su identidad", señaló Varela. En lo que resta de año serán 10 localidades las que acojan los festivales, para que "el Xacobeo se viva intensamente en cada una de las esquinas de Galicia", aunque el objetivo de la Xunta es consolidar la cita en los próximos años.

La meta de Galicia ao vivo es impulsar la música en directo como "uno de los principales productos de reclamo" de la industria del ocio gallego. Para ello, el Xacobeo destinará medio millón de euros a la financiación y la promoción de 12 festivales gallegos de música. En concreto, el Xacobeo patrocinará el Festival Sinsal, que ya está en marcha y recorrerá varias localidades gallegas; El Festival do Norte -entre el 30 abril y el 1 de mayo-, que se celebrará en Vilagarcía de Arousa; el Festival Alternativo da Xuventude de Ourense -entre el 18 y el 19 de junio-; El Festival Cultura Quente -el 16 y 17 de julio-, que tendrá lugar en Caldas de Reis; y el Festival Jazz&Blues de Pontevedra, que se prolongará todo el mes de julio.

Además, recibirán fondos el Festival dos Abrazos de Santiago -durante el mes de agosto-; el Festival O Marisquiño, de Vigo -entre el 6 y el 8 de agosto-; el Lolapop de Pontecaldelas -todo el mes de agosto-; el Festival Reperkusión, de Allaríz -entre el 17 y el 19 de septiembre-; el 981festival Son Estrella Galicia, de A Coruña -que se celebra en octubre-; el Microfest, de Santiago -también en octubre- y el Festival de Jazz de Lugo, en el mes de noviembre. En total, la Xunta destinará al patrocinio directo de estos festivales más de 400.000 euros, a los que se sumarán unos 100.000 euros más en publicidad.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Cultura e Turismo de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela presentou en rolda de prensa o circuíto de festivais Galicia ao Vivo, o que cualificou como “unha boa mostra de que neste Xacobeo se aposta por unha cultura plural, ampla, aberta a todos os galegos e a todo o mundo. Unha cultura que non deixa de ollar á tradición e identidade propia, pero mirando sempre de fronte ao máis innovador e actual”. A presentación deste circuíto de festivais contou asemade coa participación do director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos Cidrás, e coa asistencia dos organizadores e directores dos diferentes festivais.

Segundo o conselleiro de Cultura e Turismo, a finalidade do proxecto Galicia ao Vivo, enmarcardo do Camiño da Música do Xacobeo 2010, “é reunir doce festivais cunha traxectoria que evidencia á calidade da súa aposta, e que sendo moi diferentes entre si non perderán un ápice da súa diversidade, da súa autonomía e da súa forza anovadora”. “Dende a Consellería buscamos axudar a consolidar estes festivais que ano a ano van convertendo a Galicia nunha das capitais da música”, subliñou.

“O noso concepto da cultura e, neste caso, da música, acomódase á perfección coa pluralidade que representan estes festivais”, detallou Roberto Varela. “Desde o blues e o jazz ata os sons máis novos, pasando polo folk ou o pop; as propostas dos doce grandes eventos que nos ocupan pasearán por Galicia os polos da música de maior calidade, moderna, actual e con raíces”, destacou. Para o conselleiro de Cultura e Turismo, “grazas á música en directo, conseguiremos que Galicia consolide a súa capacidade de estar na vangarda en todos os eidos sen perder de vista a súa identidade”.

Neste sentido, Roberto Varela asegurou que “non hai mellor maneira de gozar da música que facelo en directo e, se lle engadimos o espectáculo que rodea a cada festival (todos únicos e diferentes) estaremos a falar dunha experiencia impagable”. Para o conselleiro, a chegada masiva de cultura da maior calidade e actualidade nestes meses aporta a Galicia “un potencial innovador que será un motor para o noso país e a nosa identidade”.

Durante todo o ano dez cidades e vilas das catro provincias acollerán os festivais, de norte a sur e de leste a oeste, a música percorrerá sen descanso a nosa xeografía. A este respecto, Roberto Varela afirmou que “queremos que o Xacobeo se viva intensamente en cada un dos recantos de Galicia e que non se deteña ata que se volva a pechar a Porta Santa, e que ese día no que, desafortunadamente, ten que finalizar o Ano Santo, debe facelo só para coller un impulso que non nos abandone nos once anos que teremos que esperar ata o próximo Xacobeo”.

O conselleiro de cultura e Turismo, destacou que “os músicos galegos compartirán escenario ‘ao vivo’ con artistas chegados de todos os recunchos do planeta; os máis noveis poderán aprender dos que adicaron a vida á súa paixón musical; e os máis veteranos poderán reinventarse a carón dos que están a concibir os xéneros musicais do futuro. Dende agora non haberá descanso nos festivais e irán sucedéndose todos os meses, cada un aportando a súa singularidade e a súa forma de entender a música e a vida”.

O obxectivo de Galicia ao Vivo é impulsar a música en directo como un dos principais produtos de reclamo da industria do ocio galego. Con esta iniciativa o Xacobeo aposta pola promoción e a proxección dun total de doce festivais musicais que se celebran ao longo do territorio galego e que están caracterizados pola súa heteroxeneidade de estilos e temáticas.

A intención é consolidar un circuíto de festivais en Galicia, destinado a todos os públicos e que se manteña máis alá do Ano Santo. Para iso, Xacobeo 2010 patrocina os Festivais de Música de Galicia e colabora co financiamento dun total de doce eventos musicais, aos que presta a súa marca co obxectivo de reforzar a súa proxección fóra de Galicia, respectando a personalidade de cada evento. Como acción complementaria, desenvolverase unha campaña de promoción do programa Ao Vivo en medios especializados.

Diversidade é a palabra que mellor define o programa configurado para Galicia ao Vivo, pois nel conviven recitais de estilos tan diferentes coma o pop, rock, jazz, blues, electrónica, músicas do mundo, conxugados coas últimas vangardas da cultura urbana xuvenil e os estilos de vida. A intención é chegar a todos os públicos en todo o territorio galego. Para iso seleccionáronse unha serie de eventos musicais, algúns de longa traxectoria e outros nos seus inicios, seguindo criterios como a súa antigüidade, a integración de diferentes estilos musicais, o nivel de convocatoria de público ou os resultados obtidos en edicións anteriores.

En concreto, forman Galicia ao Vivo o Festival do Norte, o Festival Alternativo da Xuventude de Ourense (FAX), Festival Jazz&Blues de Pontevedra, Cultura Quente, O Marisquiño, Lolapop, Festival dos Abrazos, Reperkusión, 981festival Son Estrella Galicia, Festival de Jazz de Lugo, Microfest e Sinsal, este último xa en marcha. Xuntos configuran un circuíto cunha programación que se estende ao longo do ano e que viaxa por todo o territorio galego.
R.