Exposiciones de Picasso, Rodin y Seoane forman parte de la oferta cultural de Caixanova en el primer semestre del Xacobeo 2010

Según presentó el presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, en total serán 66 espectáculos los que acogerán las ciudades de Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa durante el primer semestre del año. Fernández Gayoso calificó de "excepcional" la participación del teatro en esta programación, en la que se ofrecerán hasta 18 obras teatrales españolas, gallegas e internacionales. En concreto, llegará a Galicia la obra 'El encuentro de Descartes con Pascal el joven', dirigida y protagonizada por Josep María Flotats, sobre el único encuentro que mantuvieron en el siglo XVII estos dos filósofos; así como 'La vida por delante', dirigida por Josep María Pou y protagonizada por Concha Velasco.

Los escenarios gallegos acogerán además 'El pez gordo', premio Cunningham de Teatro, que protagoniza Toni Cantó; 'Ser o no ser', en la que Amparo Larrañaga y Jose Luis Gil cuentan la historia de una compañía de teatro en la Alemania nazi; 'El pisito', una comedia de Rafael Azcona; y 'La abeja Reina', de Charlotte Jones, protagonizada por Vorónica Forqué y Miguel Rellán. Daniel Venorese también traerá a Galicia 'Glengarry Glen Ross', un texto de David Mamet sobre la competitividad en una empresa. Además, los espectadores podrán disfrutar durante el Xacobeo del teatro clásico con la representación de 'Divinas Palabras', de Valle-Inclán; y 'Angelina o el Honor de un brigadier', de Enrique Jardiel Poncela.

En lo relativo al teatro de compañías gallegas, estará representado por 'Shakespeare para ignorantes', dirigida por Quico Cadaval y a cargo de la compañía Mofa&Befa; 'Atra Bile', dirigida por Etelvino Vázquez e interpretada por Teatro de Ningures; y 'As actas escuras', escrita por Roberto Vidal Bolaño y llevada a escena por el Centro Dramático Galego. Sarabela Teatro interpretará 'A Esmorga', de Eduardo Blanco Amor; Ónfalo Teatro llevará a escena 'Neuras', de María Xosé Queizán; y Fulano, Mengano e Citano se encargarán de plasmar 'Nunca Menos', de Manuel Pombal y Manuel Botana. Para familias y niños también habrá oferta escénica con las compañías El retrete de Dorian Gray -con 'Rúa Aire'-, Galitoon - con 'Rosalía, a pulga que escribía'-, Bosquimanos Koryak -con 'El truco de Olej'- y la actuación del Circo Galtük.

Además del teatro, Caixanova pondrá el acento en las exposiciones durante el Xacobeo, con una gran muestra dedicada al pintor gallego Luis Seoane en el centenario de su nacimiento. Bajo el título 'Álbum de familia', la entidad traerá a Galicia obras de los "maestros de la historia del arte", como Rodin, Modigliani, Manet, Pisarro y Picaso, para conformar una exposición "pionera" en el panorama nacional con elementos de colecciones privadas y museos. El escultor ourensano Acisclo Manzano, el pintor de Noia (A Coruña) Alfonso Costa, y el muralista suramericano Oswaldo Guayasamín también protagonizarán sendas exposiciones; mientras que 'A cidade do infinito' recopilará instantáneas del trabajo del cooperante Vicente Ferrer y 'Telón de Fondo' retratos de estudios gallegos.

En el apartado de la música, Caixanova traerá a Galicia durante el primer semestre del Año Santo las actuaciones de la portuguesa Dulce Pontes, la cantante de raíces cavoberdianas Sara Tavares, la gaitera gallega Susana Seivane, la cantante Martirio y la Wim Mertens Ensemble; todos ellos dentro de "otras músicas". El ciclo Xacobeo Raíces acogerá además los conciertos conjuntos de Cristina Pato y Muthenrohi, Faltriqueira y Treixadura y Mercedes Peón y Emilio Rúa; mientras que el Xacobeo Importa contará con la participación de la cantante folk Joan Baez. Asimismo, recalará en Galicia el grupo Mayumaná y el musical Fiebre del Sábado Noche, dirigido por Karen Bruce, y que está de gira por España. La campaña 'Cancións por agasallos', permitirá a grandes y pequeños disfrutar de la música de Manos de Topo, Sugar Mountain, Niño y Pistola o Maryland, entre otros, a cambio de donar un regalo para niños desfavorecidos a cargo de la ONG 'Vida Digna'.

Caixanova propone también dentro de la programación del primer semestre del Xacobeo el 'Ciclo NX', que ofrecerá programación variada para jóvenes. Dentro de este ciclo se celebrarán las 'Noites de Retranca. Volume I', un espectáculo humorístico a cargo de Manquiña, Sergio Pazos y Javier Veiga; además de 'Las noches de Paramount Comedy', que realiza su novena gira teatral. El intérprete andaluz Manuel Carrasco también visitará Galicia dentro del Ciclo NX, para presentar su cuarto disco, 'Inercia'; mientras que Los Secretos ofrecerán un "concieto íntimo" y Xoel López y Félix Arias (Lovely Luna) presentarán su nuevo álbum, 'Chang&Eng'. Finalmente, el Ciclo NX traerá a escenarios gallegos la obra '666', última creación de la compañía Yllana; y 'Piedras en los bolsillos', de Marie Jones, dirigida por Hernán Gené e interpretada por Fernándo Tejero y Julián Villagrán.

Dentro de las artes clásicas, visitarán Galicia durante la primera mitad del Xacobeo la Royal Filharmonic Orchestra, la Oslo Camerata, la Orquesta Filharmónica Italiana y la formación de la Academy Saint Martin in the Fields, además de los conciertos de la Filharmónica y la Sinfónica de Galicia. El Ballet de Milano, el Ballet de L'Opera National de Bordeaux y la Merce Cunningham Dance Company también actuarán en Galicia, donde se conmemorará el centenario de la muerte del maestro Marius Petipa con la actuación de Laura Hormigón y Óscar Torrado; y los bailarines Aída Gómez y Antonio Márquez interpretarán 'La buena memoria', con obras clásicas españolas.

La programación preparada por Caixanova dedica asimismo un apartado para la lírica, con la interpretación del drama musical de Wagner 'El holandés herrante', con la Ópera Checa de Praga; y dos recitales, uno a cargo de la mezzosoprano Dolora Zajick y el tenor Francisco Casanova y otro interpretado por la soprano Mariella Devia y el tenor Celso Albelo.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Cultura e Turismo de la Xunta de Galicia:

Caixanova e o Xacobeo 2010 presentaron a programación cultural para o primeiro semestre do vindeiro ano, nun acto que contou coas máximas representacións das dúas institucións galegas. A música clásica, a lírica, o teatro, a danza, musicais, exposicións e mesmo funcións para toda a familia, abranguen un completo programa cultural dirixido a un amplo abano de idades e gustos estéticos. En total son sesenta e seis propostas culturais distintas cun fío conductor común: a consecución dunha oferta cultural estable e sostida no tempo e dunha calidade contrastada. As oito grandes cidades galegas: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo e Vilagarcía, serán escenario deste programa cultural conxunto.

No acto de presentación, o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, agradeceu o compromiso de Caixanova “con Galicia e coa cultura do noso país” xa que “existe un único modo de afrontar a preparación do Ano Santo: considerándoo unha tarefa colectiva, un proxecto común de todos os galegos”. Segundo o conselleiro, “precisamos que os referentes económicos e sociais de Galicia asuman a responsabilidade que esta condición supón coa nosa cultura e a nosa xente”.

Neste sentido, Roberto Varela anunciou que a “resposta entusiasta” que a Xunta de Galicia está a atopar por parte “das grandes firmas do noso país” permitiron duplicar no último mes a cantidade captada mediante patrocinios publicitarios para o Ano Santo. “O Xacobeo 2010 conta xa con doce millóns de euros grazas aos convenios asinados con algunhas das máis importantes compañías”, afirmou.

Respecto a oferta cultural do Xacobeo 2010, o conselleiro presentou o programa conxunto con Caixanova na procura dun “traballo rigoroso, de xestión de infraestruras e dunha programación cultural rica, articulada e coherente”. En palabras de Roberto Varela, serán “acontecementos de primeira liña que van a cegar a todos os recunchos do noso país” nos que a presenza de artistas galegos contribuirá a que “os galegos sintamos moi noso este Xacobeo 2010”. “Non hai mellor modo de render homenaxe ao legado e ao espíritu xacobeo que facer de Galicia terra de cultura, punto de encontro para os grandes artistas do noso tempo”, concluíu.

No eido das mostras cómpre salientar a adicada a Luis Seoane, co gallo da celebración do centenario do seu nacemento. Baixo o título de “A cidade do Infinito” preséntase un percorrido polo intocables da India auspiciado pola Fundación Vicente Ferrer. “Telón de fondo” amósanos un coidado montaxe sobre o retrato realizado nos estudos galegos. “Álbum de Familia” aparece xungindo a grandes mestres da historia da arte como Rodin, Modigliani, Manet, Pisarro ou Picasso. Non pode faltar nesta nómina unha exposición adicada aos tesouros artísticos máis salientables de Santiago de Compostela ou as adicadas aos artistas galegos Alfonso Costa e Acisclo Manzano e mesmo a que divulga a creativa arte do ecuatoriano Oswaldo Guayasamín.

As artes escénicas e musicais serán protagonistas nesta programación con formacións tan sobranceiras no eido da música clásica como a Royal Philharmonic Orchestra, baixo a batuta de Charles Dutoit, a Academy Saint Martin in the Fields, a Oslo Camerata, a Orquestra Filarmónica Italiana, sen descoidar a presenza das dúas formacións profesionais galegas: A Real Filarmonía de Galicia e a Orquesta Sinfónica de Galicia. Complementando á música clásica cómpre nomear a representación da ópera de Wagner “O Holandés errante”, a cargo de a Ópera Checa de Praga e dous recitais de luxo coa mezzosoprano Dolora Zajick e o tenor Francisco Casanova, e o composto pola soprano italiana Mariella Devia e español Celso Albelo.

Sen dúbida algunha a danza constitúe outro dos pratos fortes da programación. O ballet clásico de “Romeo e Julieta” a cargo do Ballet de Milano, a danza contemporánea do Ballet de L’Opéra National de Bordeaux cun repertorio de catro fermosas pezas, unha delas coreografíada por William Forsythe e bailada por Ygor Yebra e Oxana Kucheruk.

Con gallo da celebración do centenario da morte do grande coreógrafo Marius Petipa, preséntase unha gala de coreografías do mestre ruso dirixida polos bailaríns Laura Hormigón e Óscar Torrado. A danza española con Aída Gómez e Antonio Márquez está presente co título de “La Buena Memoria”, unha sentido homenaxe aos estilos históricos da danza escénica española. A compañía americana Merce Cunningham Dance Company, unha das mellores do mundo na súa especialidade presentará “Nearly 90”.

Para os amantes das músicas de raíz e outro tipo de músicas alternativas, gostarán da presenza de Dulce Pontes, que amosa o seu último traballo, “Momentos”; a doce musicalidade da caboverdiana Sara Tavares; a persoal creatividade do Win Mertens Ensemble ou a orixinal interpretación de Martirio de coplas ou temas de jazz clásicos. A aportación galega virá da man de Susana Seivane, Mercedes Peón e Emilio Rúa, Cristina Pato e Muthenrohi, Faltriqueira ou Treixadura.

Dous dos pratos fortes deste programa serán a cantautora americana Joan Baez presentando “Day After Tomorrow”, e o grupo multicultural Mayumana coa súa nova produción “Momentum.

O apartado teatral conta coa participación de grandes nomes da escea como José Mª Flotats coa obra “El encuentro de Descartes con Pascal Joven” de Jean-Claude Brisville; Concha Velasco encabeza o reparto de “La vida por delante” de Romain Gary, baixo a dirección de José Mª Pou; Toni Cantó ao frente de “El pez gordo”de Roger Rueff; Amparo Larrañaga e José Luis Gil en “Ser o no ser“ de Marie Jones. Os autores españois como o desparecido guionista Rafael Azcona con “El pisito”, cun reparto con actores Pepe Viyuela, Teté Delgado ou Asunción Balaguer; Enrique Jardiel Poncela con “Angelina o el honor de un brigadier” con Chete Lera, Soledad Mallol ou Jacobo Dicenta, entre outros e Vallé-Inclán con “Divinas Palabras” a cargo da compañía Atalaya Teatro. E, para rematar dúas producións cun reparto de luxo: Verónica Forqué en “La abeja reina” de Charlotte Jones e, Gonzalo de Castro, Ginés García Millán, Carlos Hipólito á cabeza do elenco de “Glengarry Glen Ross” de David Mamet, baixo a dirección do arxentino Daniel Veronese.

Mofa e Befa con “Shakespeare para ignorantes” dirixido por Quico Cadaval, Teatro de Ningures con “Atra Bile”, “As actas escuras” de Roberto Vidal Bolaño a cargo do Centro Dramático Galego, Sarabela Teatro con “A esmorga” de Eduardo Blanco Amor; Fulano, Mengano e Citano, con “Nunca menos” ou “Neuras” de Mª Xosé Queizán, completan a proposta dramática para adultos do primeiro semestre do ano 2010.

A oportunidade de disfrutar en familia preséntase co espectáculo “Rua Aire” de Ezra Moreno e Marcos PTT Carballido, a cargo da compañía “O retrete de Dorian Gray” en coproducción co Centro Dramático Galego, baseada na construcción de monicreques con globos. Para os máis cativos a compañía Galitoon coa obra “Rosalía, a pulga que escribía”. Toda a maxia do circo a través do teatro negro ven da man de “El truco de Olej” da compañía uruguaia, Bosquimanos Koryak. A compañía La fiesta escénica, presenta “Circo Galtük” de Abel Martín: circo, danza e teatro nun grande espectáculo para todos os públicos.

A compañía Yllana, Manuel Carrasco, Los Secretos, Noite de retranca, Lovely Luna, a obra de teatro “Piedras en los bolsillos” de Marie Jones con Fernando Tejero e Julián Villagrán ou o espectáculo de “Las noches de la Paramount Comedy”, diríxense a un público novo e que gosta de funcións divertidas e frescas. E mesmo o musical “Fiebre del sábado noche” coa música das cancións dos Bee Gees, ten cabida neste completo programa.

Mención aparte merece a iniciativa “Cancións por regalos”, un ciclo de concertos en formato acústico pensados para levar a música pop a todos os públicos posibles desde os máis cativos. ¿Prezo da entrada? Levar un agasallo para un neno e a ONG Vida Digna encargarase do reparto. Nestos concertos que terán lugar nos primeiros días do ano na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo, participarán coñecidos grupos de Pop como: Manos de Topo, Sugar Mountain, Niño y Pistola, Maryland ou Boy Elliot.
R.