Propietarios de viviendas en las rutas del Camino de Santiago disponen de ayudas a la rehabilitación

Los propietarios de viviendas situadas en los ayuntamientos por los que pasa alguna de las siete rutas del Camiño de Santiago podrán solicitar ayudas de hasta 11.600 euros para la rehabilitación de los inmuebles, según el plan presentado de forma conjunta por las consellerías de Cultura e Turismo y Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, que está dotado con cerca de 16 millones de euros para 2009 y 2010.

Las líneas de ayuda dependientes del departamento que dirige Agustín Hernández, cofinanciadas por el Ministerio de Vivienda, suman en total 13 millones y se dirigen a intervenciones para la rehabilitación de inmuebles y elementos patrimoniales; mientras que las dependientes del área de Cultura ascienden a 2,9 millones -el 75% lo aportaría el Ministerio de Fomento- y tienen como fin la recuperación de espacios públicos, 'carballeiras' -robledales- y patrimonio etnográfico.

El responsable de Cultura, Roberto Varela, señaló que el objetivo es "ofrecer una imagen impecable" del Camiño y "uniformar los criterios" en las rehabilitaciones para proporcionar un "carácter armónico". En este sentido, indicó que "sería buena idea" elaborar unos parámetros fijos a seguir en las obras de reparación.

Las subvenciones para la restauración de viviendas, a las que se destina un presupuesto de 5,8 millones de euros, serán ayudas a fondo perdido con una cuantía máxima de 11.600 euros y que cubrirán hasta el 75 por ciento de coste de la obra. De esta cantidad, el 25 por ciento será aportado por la Xunta, hasta 5.000 euros; y un 50 por ciento procederá del Ministerio de Vivienda, hasta 6.600.

Los requisitos son ser propietario de una vivienda situada en alguna de las 498 parroquias -pertenecientes a 111 ayuntamientos- por las que pasa alguna de las siete rutas que sigue el Camiño de Santiago; que ésta tenga al menos 10 años de antigüedad y sea la residencia habitual del dueño o esté alquilada por cinco años. La línea de urbanización o reurbanización, destinada a los ayuntamientos, está dotada con 1,74 millones de euros y las ayudas serán cubiertas en un 30 por cien por la Xunta y en otro 30% por Vivienda.

En cuanto a la rehabilitación de inmuebles situados en conjuntos históricos, las ayudas, también a fondo perdido, podrán cubrir hasta el 50 por ciento del presupuesto, hasta 10.000 euros. El máximo asciende a 12.000 euros si se trata de obras de renovación de la vivienda con vaciado. Los requisitos de la subvención, aplicable a los siete Camiños, son que el propietario tenga la vivienda como residencia permanente o habitual durante cinco años o que, en caso de que vivan fuera de Galicia, la ocupen un mínimo de 15 días al año. Estas ayudas son acumulables con las de rehabilitación de viviendas, por lo que un propietario podría optar a aportaciones de hasta 23.600 euros en caso de tener derecho al máximo previsto en ambos apartados.

Hernández señaló que el objetivo es llegar al medio millar de viviendas en lo que queda de 2009 y el año próximo. Para conceder las ayudas de rehabilitación, explicó el conselleiro, será necesario declarar el Área de Rehabilitación do Camiño de Santiago, en el que se incluirán todas las rutas y que se sumará a las 45 áreas de rehabilitación definidas actualmente en Galicia. El proceso estará finalizado antes de fin de año, según las estimaciones de la Xunta. Además, los conselleiros anunciaron que se crearán "oficinas de rehabilitación" para asesorar a los propietarios y gestionar estas ayudas.

Varela subrayó que el objetivo de los proyectos que se pondrán en marcha es "no sólo la puesta en valor del patrimonio ligado a las rutas xacobeas, sino mejorar la calidad de vida de las personas que viven en los aledaños". Así, para proyectos en espacios públicos y recuperación de 'carballeiras' y elementos patrimoniales en el Camiño Francés se reservarán 2,9 millones, de los que Cultura espera que 1,95 sean aportados por el Ministerio de Fomento, procedentes del 1 por ciento cultural. La previsión del Gobierno gallego es extender estos planes a todas las rutas en el futuro.

Una línea de 2 millones cubrirá 12 intervenciones en espacios públicos en las provincias de A Coruña y Lugo. Para la rehabilitación de 'carballeiras' como "espacio de relación comunal típicamente gallego" se destinarán 600.000 euros y para la conservación de patrimonio etnográfico (hórreos, cruceiros, molinos y otro tipo de construcciones) otros 300.000.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Medio Amtiente, Territorio e Infraestructuras de la Xunta de Galicia:

A Xunta de Galicia establecerá un plan especial de axudas para a rehabilitación de vivendas es espazos públicos destinadas ás preto de 500 parroquias dos 111 concellos polas que discorren os diferentes Camiños de Santiago, e que suporán un investimento de 14 millóns de euros entre este ano e o vindeiro. Deste xeito, tal e como explicaron en rolda de prensa os conselleiros de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e de Cultura e Turismo, Roberto Varela, a través deste Plan Integral Conxunto de Rehabilitación, o Goberno galego velará non só polo mantemento e restauración do valor paisaxístico, cultural e histórico das Rutas a Compostela senón, o que é máis importante, traballará pola mellora da calidade de vida das persoas que viven no Camiño.

A coordinación entre as consellerías de Cultura e Turismo e de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas permitirá axilizar a tramitación das solicitudes dos particulares a través das oficinas de rehabilitación para informar con precisión e solvencia das peticións de licencias que se presenten e axudar na tramitación das axudas. As accións de rehabilitación pretenden chegar a todos os núcleos rurais de todas as parroquias de todos os concellos dos Camiños de Santiago: o Camiño Francés, o Camiño do Norte - Camiño Primitivo, o Camiño Inglés, o Camiño de Fisterra-Muxía, o Camiño Portugués e o Camiño da Prata.

Ambos conselleiros salientaron que o criterio básico de todas as intervencións será o de “ofrecer unha imaxe impecable que reflicta a singularidade dunha paisaxe e dunhas construcións propias de Galicia, unha imaxe iconográfica e un sinal de identidade tanto para os habitantes dos núcleos rurais como para os peregrinos e visitantes que se achegan a nosa comunidade”.

Para facer efectivas as axudas á rehabilitación de vivendas será necesario declarar a Área de Rehabilitación do Camiño de Santiago, que integrará as diferentes rutas xacobeas, e que se engadirá deste xeito ás 45 áreas de rehabilitación que xa están creadas nestes momentos en toda Galicia. Responsables da Consellería de Medio Ambiente e do Ministerio de Vivenda reuníronse a pasada semana para iniciar os trámites desta declaración, que permitirá integrar as axudas no Plan de Vivenda 2009 – 2012 e converterá a Galicia en pioneira ao ser a primeira comunidade que crea un área integral de rehabilitación para todo o Camiño, permitindo actuar sobre os edificios e vivendas de tódalas parroquias polas que transcorren as diferentes rutas do mesmo, así como realizar obras de urbanización e reurbanización.

As axudas da área de rehabilitación suporán un investimento de 5,8 millóns de euros entre 2009 e 2010, que serán financiados pola Xunta e o Estado. Ademais serán complementadas polas axudas de rehabilitación de inmobles situados en conxuntos históricos, para o cal o Instituto Galego de Vivenda e solo investirá en exclusiva 5,5 millóns de euros para as sete rutas do Camiño.

As axudas de áreas de rehabilitación consisten en subvencións a fondo perdido de ata 11.600 euros por vivenda. A subvención da Xunta de Galicia acadará un 25% do presuposto protexido, cun máximo de 5.000 euros. Pola súa parte, a subvención do Ministerio de Vivenda acadará o 50% do presuposto protexido, cun límite máximo de 6.600 euros. Ademais, poderase acceder a un préstamo, sen subsidiación, a un prazo máximo de 15 anos, con 3 de carencia.

Poderán solicitar as axudas os propietarios de vivendas con máis de 10 anos de antigüidade, que despois da rehabilitación se destinen a residencia habitual e permanente do mesmo durante un período mínimo de cinco anos. Tamén se poderán destinar ao alugueiro durante o mesmo período. O importe máximo total das axudas para os anos 2009 e 2010 será de 5,8 millóns de euros.

Pola súa parte, os concellos poderán realizar obras de urbanización e reurbanización, con subvencións da Xunta de Galicia e o Ministerio de Vivenda. Ambos subvencionarán un máximo do 30 por cento do presuposto protexido, sempre que o importe das subvencións non supere en cada caso o 30 por cento do destinado por cada administración ás subvencións para rehabilitación de vivendas no mesmo concello. Neste apartado investiranse 1,7 millóns de euros.

Para asesorar aos propietarios de vivendas e concellos en canto ás obras a realizar e na tramitación das axudas, crearanse varias oficinas de rehabilitación.

Na próxima orde de convocatoria destas axudas, neste caso financiadas en exclusiva pola Xunta de Galicia, incluiranse tamén os sete trazados do Camiño de Santiago. Poderán acceder ás axudas para a rehabilitación de vivendas os propietarios das mesmas que, unha vez executada a rehabilitación, destinan a vivenda a residencia habitual e permanente por un período mínimo de cinco anos. No caso de que os propietarios da vivenda residan fóra de Galicia, a obriga de residencia será por un período mínimo anual de 15 días.

As axudas para rehabilitación consisten nunha subvención a fondo perdido do 50 por cento do orzamento, cun límite máximo de 10.000 euros. Cando se trate da renovación dun edificio ou vivenda, con baleirado interior da mesma, a subvencións será como máximo dun 50 por cento do orzamento e 12.000 euros.Para o período 2009-2010 prevese un gasto máximo de 5,5 millóns de euros.

As axudas da área de rehabilitación e de rehabilitación en conxuntos históricos son compatibles e acumulables, de maneira que a axuda no Camiño de Santiago pode chegar a un máximo de 21.600 euros para rehabilitacións e 23.600 para renovación.

O Plan Integral Conxunto para a Rehabilitación de Vivendas nos Camiños de Santiago tamén permitirá avanzar nos principios que fundamentan a liña estratéxica da Consellería de Cultura e Turismo de protección, conservación e posta en valor do noso patrimonio ligado ás rutas xacobeas.

Ésta é a mesma liña prioritaria que xa se aplica no Plan de Restauración e Posta en Valor dos espazos públicos, carballeiras e patrimonio etnográfico dos Camiños de Santiago. O compromiso da Consellería de Cultura e Turismo é o de potenciar o propio Camiño como principal recurso cultural, turístico e de promoción do Ano Xacobeo

O Plan de Restauración e Posta en Valor dos Camiños de Santiago nos espazos públicos, carballeiras e patrimonio etnográfico, deseñado pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, contempla unha inversión de 2.900.000 euros. A Consellería de Cultura e Turismo aportará un total de 950.000 euros e traballa coa previsión de que o Ministerio de Fomento destine ata o 75 por cento do investimento (1.950.000 euros), a través do 1 por cento cultural.

Con este programa de actuacións previstas para o período 2009-2010 nos tramos do Camiño Francés que precisen unha meirande urxencia, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural incidirá directamente e de xeito inmediato sobre a configuración dos propios camiños de peregrinación, dos lugares de reunión e de uso que se estruturan ao seu redor e dos elementos esenciais que os bordean, limitan e lles dan forma. O obxectivo é que este Plan de actuacións poda ampliarse a todos os Camiños de Santiago.

O programa de intervencións nos espazos públicos propón a recuperación sustentable e a posta en valor dos lugares de uso comunitario (prazas, fontes, lavadoiros, ...) que serven de punto de encontro para a celebración de reunións, festas ou actividades comúns nos núcleos rurais. Son espazos de intercambio de cultura e coñecementos que fomentan as actividades sociais e que son sinais de identidade propios e singulares da nosa paisaxe cultural.

Intervirase a prol da integridade e da unidade do territorio e da paisaxe e, do mesmo xeito, corrixiranse erros ou impactos producidos por actuacións sen control ou por un desenvolvemento pouco reflexionado. En concreto, para o Camiño Francés establécese un período de dous anos de actuacións prioritarias para un total de 12 actuacións en espazos públicos dos concellos das provincias de Lugo e A Coruña polos que descorre o Camiño.

Asemade, contémplase a restauración das carballeiras dos Camiños de Santiago para a súa rehabilitación como espazo de relación comunal netamente galego, escenario de actividades culturais, relixiosas ou lúdicas ademais das estritamente agrarias. O obxectivo é o de concienciar sobre o valor desde patrimonio e reparar as agresións e transformacións sufridas cunha actuación urxente a dous anos vista e actualizacións periódicas posteriores para a súa completa execución. A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural seleccionará na primeira fase de actuación 12 intervencións nas carballeiras do Camiño que teñan un especial significado para a comunidade e que necesiten unha recuperación inmediata.

Para preservar a integridade e conservación do patrimonio etnográfico construído á beira dos Camiños de Santiago, a Consellería de Cultura e Turismo desenvolverá unha orde de axudas, dotadas con 300.000 euros, que estará dirixida aos propietarios particulares daqueles elementos senlleiros (hórreos, cruceiros, petos de ánimas, muíños, lavadoiros, ...) que son característicos da nosa cultura e dos nosos modos de vida tradicionais.

R.