Un Pasaporte Xacobeo para o Ano Santo

Cada establecemento será o encargado de fixar o desconto que quere facer. Neste caso, a Consellería de Cultura e Turismo actúa como coordinadora e animadora da iniciativa para que todos os sectores interesados participen na mesma. O pasaporte poderá recollerse nos albergues, cadeas hoteleiras, e establecementos dos axentes que colaboren co Xacobeo 2010.

A Secretaría Xeral para o Turismo, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo xa ten iniciados contactos coas asociacións de empresarios e máis do sector para pór en marcha a iniciativa e agárdase que dinamice a demanda turística fóra da tempada alta. O obxectivo é desestacionalizar o turismo no Ano Santo 2010, por iso se pretende que o pasaporte Xacobeo estea activo entre xaneiro e marzo e mais entre outubro e decembro do vindeiro ano. Así mesmo, como a iniciativa afecta a todos os Camiños de Santiago que discorren polas catro provincias galegas, o pasaporte contribuirá a deslocalizar o turismo e fomentar o consumo nas localidades galegas polas que pasan os Camiños a Santiago.
R.