La exposición Roma-Santiago/Santiago Roma permite realizar un recorrido visual por los puntos del Camino que une las dos Ciudades Santas

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia:

O Pazo de Xelmírez, na compostelá praza do Obradoiro, acolle dende ate o 22 de marzo unha mostra singular de fotografías e textos que recollen a esencia dos puntos mais importantes que atravesa a ruta que une as dúas Cidades Santas de Santiago de Compostela e Roma. Santiago, Roma e Xerusalén son as peregrinacións maiores e eixos da civilización e da cultura medievais. Dous sistemas viarios vertebran o corpo: os Camiños de Santiago cara Occidente e as vías rómeas cara Roma. Nestes camiños naceu a civilización europea.

A mostra, promovida pola Consellaría de Innovación e Industria a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, foi inaugurada en Santiago polo director xeral de Turismo, Ruben Lois, acompañado do comisario, Paolo Caucci von Saucken, estudoso do Camiño de Santiago e membro do Comité Internacional de Expertos da Ruta Xacobea. Tamén asistiron o arcebispo de Santiago, Monseñor Xulián Barrio, e mais o deán da catedral compostelá, José María Díaz.

“Roma-Santiago/ Santiago-Roma. Itinerarios, signos e memoria da Europa das peregrinacións” é o título da exposición que percorre aspectos esenciais da civilización europea, do Camiño, das paisaxes, igrexas e edificios de peregrinos. Segundo explica o comisario, Paolo Caucci, “os peregrinos uniron Santiago e Roma e pronto eles mesmos uniran as dúas cidades coa outra cidade Santa, Xerusalén”. O director xeral de Turismo, Ruben Lois, expresou na súa intervención a satisfacción da Consellaría por poder presentar neste lugar privilexiado a primeira exposición que relaciona visualmente as dúas Cidades Santas ao tempo que destacou que “todos os Camiños levan a Roma, todos os Camiños conducen a Santiago e existen camiños que nos comunican e que se poden coñecer a través desta mostra”. Así mesmo, explicou que o fenómeno de recuperación do Camiño estase a producir dende o exercicio da xestión pública pero tamén grazas á colaboración das Asociacións de Amigos do Camiño, dos investigadores e mais da colaboración e consenso coa Igrexa.

Seguindo os principais camiños de peregrinación medieval, as cen fotografías que ilustran o proxecto están colocadas de xeito que o visitante percorra a distancia entre Roma e Santiago seguindo linealmente a exposición, que remata en Galiza con fotografías do Cebreiro e do Camiño ao seu paso por Melide para concluír cunha fotografía da praza do Obradoiro.

A mostra promovida por Innovación e Industria conta coa colaboración do Centro Italiano di Studi Compostellani e puido visitarse a pasada primavera en Roma e a comezos deste ano na vila italiana de Ascoli Piceno.

Fotografía: Carlos Rodríguez Arias
R.