Victor Manuel Vázquez Portomeñe recibe o tìtulo de embaixador de honra do Camiño de Santiago |
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou na rolda de prensa tras o Consello que o Executivo autonómico, na súa reunión semanal, aprobou a concesión do título de embaixador de honra do Camiño de Santiago a título persoal a Víctor Manuel Vázquez Portomeñe. Rueda asegurou que este recoñecemento era unha “débeda histórica” co director do Plan Xacobeo’93, a persoa que “contribuíu a que medrase o coñecemento internacional da ruta xacobea e que o Camiño sexa hoxe un dos motores do turismo en Galicia”.
A concesión deste título está regulada no Decreto 163/2013, do 24 de outubro, e é o titular da Presidencia da Xunta de Galicia quen realiza a concesión deste. Con esta concesión, será o gran embaixador da celebración do 30 aniversario do primeiro Xacobeo civil e do 30 aniversario do recoñecemento ao Camiño Francés como Patrimonio Mundial da Unesco. “É a persoa idónea tanto por coñecementos como por méritos”, resaltou o presidente autonómico.
A vinculación de Víctor Manuel Vázquez Portomeñe co Camiño iniciouse na súa etapa como conselleiro de Relacións Institucionais e portavoz do goberno, cando creou e dirixiu o Plan Xacobeo 93, o maior programa de promoción cultural e turística de Galicia do século XX, xerme dos seguintes plans de promoción, que a Xunta de Galicia impulsou con motivo dos anos santos composteláns 1999, 2004, 2010 e 2021/22.
Como resultado do traballo realizado por Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, medrou o coñecemento internacional de Santiago e de Galicia e reforzouse o prestixio do Camiño de Santiago como itinerario de peregrinación histórico, na estela da declaración do Camiño como primeiro Itinerario Cultural Europeo, por parte do Consello de Europa en 1987. Entre as consecuencias máis positivas do Xacobeo 93 hai que resaltar a positiva pegada económica para Galicia e a declaración por parte da UNESCO do Camiño de Santiago (o Camiño Francés en España) como Patrimonio da Humanidade.
Embaixadores de honra do Camiño de Santiago
O primeiro título de embaixador de honra do Camiño de Santiago foi concedido ao naquel momento S.A.R. o Príncipe de Asturias, e agora Felipe VI, como recoñecemento ao permanente apoio da Casa Real na promoción e defensa dun dos principais símbolos de Galicia, de España e de Europa no mundo.
En comunicación recibida o 28 de novembro de 2013, o xefe da Casa da S.M. O Rei transmitiu a aceptación do Príncipe do seu nomeamento como embaixador de honra do Camiño de Santiago. Esta distinción concedeuse polo seu apoio constante ao longo do tempo, a través dos seus xestos de recoñecemento cara a ruta xacobea, manifestando a súa condición de peregrino en distintas ocasións, así como mediante a súa participación nos actos dos anos santos ou como divulgador dos valores xacobeos en todo o mundo. O título acredita, de igual modo, a axuda prestada pola S.A.R. na difusión, promoción e coñecemento do Camiño de Santiago e dos valores asociados a el, así como o seu compromiso de futuro para a divulgación do culto e a cultura xacobea.
O segundo título de embaixador de honra do Camiño de Santiago foi concedido a Vicente del Bosque, Marqués de Del Bosque, en recoñecemento ao apoio e axuda prestada na difusión, promoción e coñecemento da ruta xacobea e dos valores asociados a ela, manifestado na súa presenza en Santiago de Compostela, ofrecendo no 2010 ao Apóstolo a Copa do Mundo acadada pola selección española de fútbol no Mundial de Sudáfrica 2010, así como o seu compromiso de futuro para a divulgación do Camiño de Santiago e do culto á cultura xacobea.
O terceiro título de embaixador de honra do Camiño de Santiago foi concedido ao ex-presidente do Goberno español Mariano Rajoy (26 de decembro de 2014), pola promoción que sempre fixo da ruta xacobea coas súas peregrinacións e traendo a ela a personalidades internacionais, que fixeron un tramo, como a canciller alemá Angela Merkel e ao primeiro ministro xaponés Shinzo Abe, potenciando así a realización do Camiño de Santiago en Alemaña e Xapón.
O cuarto título de embaixador de honra do Camiño de Santiago foi concedido ao Rei Emérito Xoán Carlos I de Borbón (17 de novembro de 2017), pola súa contribución á difusión da peregrinación a Santiago coas súas numerosas visitas a Compostela e outras localidades do Camiño de Santiago, a meirande parte delas realizando en Santiago a ofrenda ao Apóstolo o 25 de xullo dos últimos anos santos composteláns.
O quinto título de embaixador de honra do Camiño de Santiago foi concedido na categoría institucional ao Consello de Europa (23 de outubro de 2019), pola súa indubidable contribución á promoción do Camiño de Santiago coa declaración deste, en 1987, como primeiro Itinerario Cultural de Europa.
O sexto foi nomeado en abril deste mesmo ano e foi concedido ao xornalista Carlos Herrera, recoñecendo a defensa que o xornalista fai sempre do Camiño no seu labor radiofónico, pero tamén como peregrino, xa que realiza todos os anos o Camiño de Santiago.
A figura do embaixador do Camiño no Plan integral de turismo de Galicia
Na primeira liña estratéxica do Plan integral de turismo de Galicia recóllese a acción de nomear embaixadores de honra do Camiño de Santiago.
O decreto polo que se regula a concesión do título de embaixador de honra do Camiño de Santiago pretende recoñecer o labor das persoas–físicas ou xurídicas-distinguidas pola súa contribución ao coñecemento e divulgación do Camiño de Santiago, a cultura e os valores xacobeos.
Existen dúas categorías de embaixador de honra. Unha delas a título persoal, e a outra categoría, de carácter institucional. Poderán concederse como máximo oito títulos de embaixador en cada categoría correspondentes ao número das oito rutas históricas do Camiño de Santiago.
A presentación de propostas de candidatos para o título poden realizarse ao longo de todo o ano e os embaixadores comprometeranse a colaborar na programación anual da Xunta de Galicia, con polo menos unha acción ou actividade, para a divulgación dos valores humanos e sociais, culturais e espirituais do Camiño de Santiago.

R.