Galicia e Portugal coinciden na necesidade da cooperación para reactivar os fluxos turísticos e a peregrinación a Santiago

Neste sentido, Román Rodríguez salientou a importancia de recuperar os fluxos entre Galicia e Portugal e de deseñar accións conxuntas, particularmente no que atinxe ao Camiño Portugués.

O traballo conxunto, tal e como explicou o titular de Cultura e Turismo do Goberno autonómico, permitirá establecer estratexias que preparen a ambos territorios para superar os obstáculos da crise sanitaria e afrontar con certezas a realidade do escenario posterior ao coronavirus afianzando a nosa imaxe como destino seguro e de confianza, precisou.

O portugués é o principal mercado estranxeiro de Galicia e supón o 20% da demanda turística internacional. Tanto é así que só no pasado ano visitaron a nosa Comunidade máis de 265.000 turistas procedentes do país veciño. Ademais, a nacionalidade lusa tamén é unha das máis frecuentes no Camiño de Santiago e Portugal é un dos principais países de procedencia na Ruta Xacobea, só por detrás de Italia, Alemaña e Estados Unidos.
R.