Última etapa de 18 Km. Xa no concello santiagués, igrexa de Barciela. E moi preto, templo de San Cristovo en Enfesta, con dous curiosos animais na súa fachada. Inmediatamente antes, cruceiro. Pasamos polo polígono industrial do Tambre, nos arredores de Santiago. En Meixonfrío, entrando no casco urbano de Santiago de Compostela, houbo en tempos un establecemento para atender ós peregrinos na antesala da cidade. Pásase xunto ó edificio da Xunta de Galicia, antigo cuartel, Convento de Santa Clara e praza de Cervantes San Martiño Pinario, para entrar na catedral compostelá pola porta da Acibecharía.
Chegamos ó final da peregrinación. Os viaxeiros das brumosas terras do norte alcanzaban a ansiada meta, o sepulcro do Apóstolo, o corazón de Compostela.
|
|||