Hacia Pontedeume - 23 Km. O Camiño chega a Fene, do que hai que destacar dous importantes aspectos: o seu carácter industrial, xa que nel se atopan as factorías de Astano, e o aspecto cultural centrado no seu Museo do Humor. E logo, Concello de Cabanas, antesala da capital comarcal, onde destaca a magnífica fachada barroca da igrexa de San Martiño do Porto e a amplísima praia de Cabanas, onde o arboredo se interna no areal nunha conxunción irrepetible. Chegamos a Pontedeume, centro da comarca do Eume, cun amplo entorno natural de beleza extraordinaria. Entramos pola súa ponte de 600 metros de largo, construída por Fernán Pérez de Andrade no século XIV, coas lóxicas reformas. Quere a tradición que esta ponte fose “A Ponte do Demo”, construída polo demo nunha soa noite para que unha moza puidese -a cambio da súa alma- ver por última vez ó seu namorado. A ponte tivo capela e hospital de peregrinos, froito do decidido apoio de Pérez de Andrade, o Bo (el Bueno) cos peregrinos a Compostela.
Conserva Pontedeume a gran torre ameada e brasonada, resto da fortaleza-pazo dos Andrade do século XIV, convertida na actualidade en centro cultural.
A igrexa de Santiago é do século XVI, reconstruída no XVIII. Tamén do XVIII é a casa construída por Bartolomé Rajoy, arcebispo de Santiago de Compostela, fillo de Pontedeume. Outros puntos de referencia son a Torre do século XVIII, ó lado da Casa do Concello, a capela das Virtudes e o Convento de San Agustín. Fóra xa de Pontedeume, no alto, dominando o pobo e o seu contorno, está o Castelo de Peña Leboreira ou de Nogueirosa, do século XIV, recentemente restaurado. E nas súas proximidades, a igrexa de San Martiño de Andrade, con fermosa ábsida do século XII.
Ó lado da nosa ruta, preto de Pontedeume, Breamo, coa igrexa románica de San Miguel, de fins do século XII, de planta de cruz latina, tres ábsidas e bóvedas de cruzaría e de canón, dominando o mar. Miño
Destaca en Miño a ponte medieval dun arco sobre o río Baxoi, mandado construír por Fernán Pérez de Andrade, no século XIV, na actualidade restaurado. |
|||