Albergue de Baiuca – Boimil (Boimorto)

Datos Principales
Dirección: 
ao pé do Camiño do Norte no seu paso pola parroquia de Boimil, no lugar de Baiuca (A menos de 1km do centro da vila).
Propiedad Albergue: 
Xacobeo
Gestión Albergue: 
Municipal
foto albergue
Plazas
Nº plazas total: 
33
Equipamiento: 
Lavadero
Agua Caliente
Duchas
Inodoros
Tendedero
O albergue de Boimorto está situado nun entorno privilexiado ó carón dunha antiga telleira rehabilitada (case 4.000 m2 cadrados de superficie cuberta) na que se conservan os fornos e outras estancias. Asemade tamén é unha zona resgardada da choiva ou do sol nos meses de verán onde se poden levar a cabo actividades de lecer, xogos populares, deportes..., e incluso facer acampadas ou pequenas barbacoas nos lugares habilitados. Ao pé do albergue hai unha lagoa artificial que ten ao seu redor unha senda peonil e un mirador dende onde observar as especies tanto animais como vexetais que conviven nela, nalgunhas épocas hai parrulos e incluso se viu algunha nutria. Cabe destacar o deseño do edificio que se realizou pensando na integración no contorno e esta dotado con todas as comodidades que precisan os peregrinos: lavadoiro, cociña, sala, garda bicicletas, dormitorio con baño adaptado, duchas... Ten un total de 33 prazas, unha delas adaptada para persoas con mobilidade reducida. Este albergue será xestionado polo Concello de Boimorto grazas a un acordo entre o Concello de Boimorto e o Xacobeo para a xestión dos servizos de hospedaxe. - Titularidade: Xacobeo - Municipal. - Horario: Das 13h. ás 22h. - Posta en funcionamento: A partir do 16 de xullo. - Nº prazas: 33 ( 1 adaptada) - Anexos: Rutas de sendeirismo, zona de descanso, zonas axardinadas... - Situación: ao pé do Camiño do Norte no seu paso pola parroquia de Boimil, no lugar de Baiuca (A menos de 1km do centro da vila). - Contacto / Máis información: Para calquer dubida ou aclaración poden poñerse en contacto co Concello onde se lle dará cumprida información sobre a sua posta en funcionamento e as condicións nas que se prestará este servizo.