O BNG denuncia a exclusión do galego na web oficial do Xacobeo 2010

O portavoz de política lingüística do BNG, Bieito Lobeira presentou unha iniciativa na que cualifica de “intolerable” que a páxina web oficial do Xacobeo exclúa o galego.

Lobeira lembra que moitas persoas interesadas no contidos desta páxina dirixiron por escrito as súas queixas ao administradores co obxecto de poder utilizar a opción en galego pero a resposta “humillante” -en opinión do parlamentario nacionalista- afirma – por escrito- que “a páxina web está en español e non en galego, en función da xente de fóra de Galiza que non entende o galego”.

Lobeira quer saber, se o Goberno galego comparte as razóns que levan á exclusión da lingua galega na páxina web www.xacobeoimporta.com e se ten previsto introducir a lingua galega como opción de inicio.
Gabinete de Comunicación do BNG