Xacobeo 2010 amosa en Ribeira ata finais de agosto a exposición Iacobus Gallecia |
A mostra itinerante Iacobus Gallecia do Xacobeo 2010 chega ao concello coruñés de Ribeira, tras permanecer no Coliseo Noela de Noia desde o 10 de marzo ao 8 de abril. A exposición, que ten como fin dar a coñecer a colección de arte contemporánea que o Xacobeo reuniu dende o ano 1992, estará no Auditorio Municipal de Ribeira ata o vindeiro 28 de agosto. As 13 obras desta mostra itinerante viaxarán despois a Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Baiona e Tui, lugar onde finaliza o seu percorrido pola comunidade galega o 27 de outubro.
Iacobus Gallecia enmárcase no Camiño Contemporáneo do Xacobeo 2010, que ten programadas 24 exposicións para os seis primeiros meses do ano. A programación incluída neste camiño caracterízase pola súa aposta polas mostras itinerantes como fórmula para dar a coñecer a obra de autores galegos actuais e de recoñecido prestixio á maior cantidade de persoas.
O público que visite ata o 28 de agosto a exposición Iacobus Gallecia en Ribeira poderá contemplar un conxunto de obras que son un exemplo da vitalidade artística da Galicia de Santiago que, nos finais do século XX e inicios do XXI –formando parte da decoración orixinal do Pavillón de Galicia da Expo'92 de Sevilla, ou respondendo a encargos posteriores–, continúa a desenvolver a súa rica historia cultural, baseada na tradición e mais na innovación, o fecundo caudal formado pola síntese creativa do propio e o alleo.
Este principio queda expresado na exposición a través da variedade estilística, formal e conceptual de artistas tan distintos como Darío Basso, Paco Pestana, Xosé Freixanes, Antón García Patiño, Alfonso Sucasas, Armando Martínez, Ignacio Basallo ou Antón Lamazares. Pezas conceptuais, abstractas e figurativas, estilizadas (Armando), ou amosando toda a súa fisicidade (Sucasas) ou o seu agudo primitivismo (García Patiño) que nalgúns casos afondan na iconografía tradicional, relixiosa e xacobea, e noutros son pura evocación poética (Basso, Lamazares, Pestana) ben representativa dunha arte a cabalo entre dous séculos.
Na inauguración de Iacobus Gallecia na Casa das Asociacións de Santiago, o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, destacou que as obras de arte contemporáneas que conforman a exposición “son novas e recentes manifestacións do vibrante espírito xacobeo”. Segundo explicou, as trece pezas presentes nas salas “convértense na mellor proba de que este espírito segue a falar alto e claro á nosa arte contemporánea”.
O Auditorio municipal de Ribeira acollerá obras de autores que participaron na Expo'92 de Sevilla, entre os que destacan Darío Basso, Berta Cáccamo, Freixanes ou Antón Lamazares, e que son parte dos fondos do Xacobeo. A partir destas primeiras incorporacións, a colección de obra contemporánea do Xacobeo foise enriqueciendo cos anos con pezas doutros artistas galegos como Sucasas, Antón García Patiño ou Paco Pestana.
O obxectivo desta mostra é ofrecerlle ao público a posibilidade de achegarse á obra de autores galegos actuais e de recoñecido prestixio. Coa finalidade de facerlle chegar a exposición Iacobus Gallecia á meirande cantidade posible de público, a mostra chega mañá a Noia para logo itinerar por distintas vilas da nosa comunidade.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia