Turgalicia e Iberia colaboran na promoción turística galega en España e no exterior |

Pola súa parte, Turgalicia insertará en todo o seu material promocional o logotipo de Iberia como transportista oficial e inserirá un link na súa páxina web para a promoción da compañía de transporte aéreo Iberia.
Viaxes de familiarización
Por medio deste acordo, que inclúe descontos nos billetes de entre o 20 e 0 50 por cento, poderanse reservar prazas para grupos, considerados estes formados por un número superior a nove pasaxeiros. Trátase de potenciar os chamados fam-trips e viaxes de familiarización que teñan Galicia como destino.
Deste xeito, poderán acollerse a este acordo colectivos de operadores turísticos e xornalistas especializados en Turismo que visiten Galicia desde os mercados emisores nos que opera Iberia ao obxecto de organizar viaxes de familiarización para que estes tomen contacto co destino turístico Galicia.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia