Galicia e Madrid avanzan na creación da comisión bilateral para a Cidade da Cultura e o Xacobeo 2010

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela mantivo unha reunión de traballo no Ministerio de Cultura coa ministra Ángeles González-Sinde onde se trataron temas referentes á participación do Estado no Xacobeo 2010, a rehabilitación do Pórtico da Gloria e a creación dunha comisión mixta para a Cidade da Cultura.

A Cidade da Cultura ocupou un lugar de relevancia ao longo da reunión. O conselleiro de Cultura e Turismo recordoulle á ministra, as palabras do presidente de España, Jose Luís Rodríguez Zapatero, que no 2007 comprometeuse co Presidente da Xunta de Galicia á consideración da Cidade da Cultura como “Proxecto de Estado”. Para elo sería necesaria a creación dunha comisión mixta para desenrolar o proxecto, na que participaría a Presidencia do Goberno, o Ministerio de Asuntos Exteriores e o Ministerio de Cultura, por parte da Administración do Estado. Esta comisión non foi creada no seu momento, polo que Roberto Varela e a ministra Ángeles González Sinde resaltaron a importancia e a conveniencia da creación formal da mesma e a concreción da participación do Estado neste proxecto.

O titular do departamento instou á ministra a coñecer a Cidade da Cultura, xa que o considera “algo imprescindible para ser consciente da magnitude e da envergadura do proxecto”. A ministra comprometeuse a buscar unha data na súa axenda para visitar o complexo do Gaiás. Do mesmo xeito Ángeles González Sinde aceptou a proposta do conselleiro Roberto Varela para que un representante do Ministerio de Cultura forme parte do futuro padroado da Cidade da Cultura.

Tocante ao Pórtico da Gloria, conselleiro e ministra acordaron axilizar o convenio que vai regular a rehabilitación do Pórtico da Gloria. A proposta da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, compartida polo Instituto de Patrimonio Cultural de España, dependente do Ministerio de Cultura é a Colaboracion Institucional Comunidade Autónoma-Goberno de España na dirección técnica dos traballos de conservación e restauración do Pórtico da Gloria e da Capela Maior da Catedral de Santiago. O obxectivo técnico é complementar as labores de Direccion Técnica cun equipo multidisciplinar especializado que desenrole unha metodoloxía de estudo e intervención nos citados benes o máis completa e precisa tendo en conta a complexidade e multitude de factores intervintes en dito monumento.
A ministra de Cultura confirmou que este convenio, que agora se atopa en tramitación, será firmado proximamente e nel estarán todas as partes implicadas.

Xacobeo 2010

Respecto ao Xacobeo 2010 o conselleiro asegurou que a reunión tivo un carácter “informativo ao redor dos actos, patrocinios e promoción do Ano Santo”, xa que a ministra polo cargo de presidenta do Consejo Xacobeo “está ao tanto de todo o que ocorre ”. A titular da carteira de Cultura mostrouse moi receptiva ás peticións do conselleiro de Cultura entre as que destacou a participación estatal dentro dos actos do Xacobeo. Roberto Varela convidou a ministra a impulsar actividades dende o Ministerio para a súa inclusión no programa do Xacobeo 2010.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia