Etapa de 15 Km.
acia Baamonde
Pasado o Pazo de Penas Corbeiras, que foi do Marqués de Hombreiro, e o restaurado Muíño do Rañego, magnífica peza de arquitectura popular, atopamos a Ponte Rodríguez e logo a Ponte de Saa sobre o río Labrada.
Xa en Baamonde, localidade do municipio de Begonte, atopamos un magnífico albergue de peregrinos, un dos máis antigos do actual Camiño.
A igrexa parroquial de Baamonde, dedicada ó Apóstolo Santiago, foi construída no século XIV, pero conserva elementos románicos.
Fronte á fachada, existe un calvario formado por tres cruceiros. E ás súas costas, un castiñeiro milenario mostra no seu interior unha orixinal capela dedicada á Virxe, tallada polo escultor da localidade, Víctor Corral.
En Baamonde hai que visitar a casa-museo de Víctor Corral, no alto da localidade, con numerosas esculturas – no interior e no xardín - que resumen a longa traxectoria artística deste escultor.