Camiño Inglés

Camiño Ingles A CompstelaImos facer o Camiño Inglés a Compostela, así chamado ó longo da historia porque o maior continxente de peregrinos procedía das Illas Británicas.

É a partir do século XII cando comezan as peregrinacións a Compostela desde os países nórdicos e as Illas Británicas, sendo a primeira da que se ten noticia no ano 1147, coa chegada dunha escuadra de cruzados que ían a Terra Santa.
    Esta expedición tomou parte na conquista de Lisboa, axudando ó primeiro rei de Portugal na súa loita contra os árabes. Antes de tomar parte na batalla, os expedicionarios visitaron a tumba do Apóstolo en Compostela. Entraba así na historia o “Camiño inglés” á Capital de Occidente.
    Ás nosas costas chegaron escandinavos, flamengos, ingleses, escoceses e irlandeses... Fixérono polos portos vascos, cántabros, asturianos... pero especialmente polos de Ribadeo, Viveiro, Ferrol ou A Coruña..
Consta que en Viveiro (Lugo) houbo, a finais do século XVI, un Hospital baixo a advocación de Santiago, onde se acollía a viaxeiros pobres e peregrinos, “por estar en camiño moi pasaxeiro das Asturias e Biscaia e outras moitas partes para o hospital Real de Santiago, Portugal e outros moitos lugares”.

Puertos de Ferrol e A Coruña

Pero son Ferrol e A Coruña, pola súa excepcional importancia estratéxica, os portos que se consideran entradas do chamado Camiño Inglés a Compostela. Desde A Coruña a Santiago, o Camiño ten un percorrido de 74 quilómetros. Desde Ferrol, 118.
    En barco viñeron os británicos durante a longa guerra dos cen anos, sostida cos franceses... Viñan peregrinos, pero tamén a comerciar, como queda demostrado cos achados de todo tipo efectuados en Santiago, e nas ofrendas efectuadas na Igrexa compostelá.
    As peregrinacións desapareceron co reinado de Enrique VIII, no que se produciu a ruptura da igrexa de Inglaterra coa de Roma.
    Nos arquivos dos hospitais da ruta constan defuncións de ingleses, alemáns, italianos, franceses e escandinavos, que deixan constancia do paso de peregrinos destes países a Compostela.
    Facemos o Camiño inglés, vendo o que viron os peregrinos... Non pretendemos seguir o Camiño paso a paso. Queremos pararnos e ver as pegadas do traballo dos homes que os séculos respectaron para que quen contemple estas pedras da historia poida sentir tamén o asombro do viaxeiro ante a beleza do contorno da nosa ruta.

 

1: Ferrol - Neda

Ferrol - 14 Km.

O Camiño Inglés, por calquera das súas rutas, transcorre por montañas erosionadas, vellos cumes, en xeral a media altura. Parte de Ferrol, do Porto, do Barrio das Curuxeiras, onde desde o século XI estaba situado o porto, que hai que entender como corazón e razón de ser desta férrea cidade.

Ferrol tivo aforamentos desde o século XII, concedidos por Alfonso VII. Foi entregada por Enrique II a Fernán Pérez de Andrade, o Bo, volvendo á coroa en 1733 e nacendo entón o Ferrol mariñeiro e moderno.

   A igrexa de San Francisco recorda ó convento fundado por Pérez de Andrade no século XIV. O templo actual, do XVIII,  ten planta de cruz latina e no seu interior poden contemplarse interesantes imaxes do escultor José Ferreiro.

O Arsenal foi construído a partir de mediados do século XVIII, e con el a nova cidade. É unha dársena rectangular con diques de cantaría que se asentan sobre o fondo do mar ou nos illotes alí existentes. As instalacións militares construíronse en terra firme, sendo o elemento máis destacado o Cuartel de Instrución de Mariñeiría. O barrio da Madalena, conxunto urbano nacido neste século, ten un trazado reticular con seis rúas paralelas cortadas por nove transversais e no centro dúas prazas cadradas.
   Centro Cultural Torrente Ballester

O antigo Hospital da Caridade, de finais do século XVIII, que foi erixido para atención de peregrinos e enfermos, é na actualidade o centro cultural Torrente Ballester.

 

 

 

 

Concatedral de Ferrol

A Concatedral de San Xulián (Ferrol comparte bispado coa histórica Mondoñedo), é obra de Sánchez Bort, da segunda metade do século XVIII.
    Na praza de Amboage atópase a igrexa da Virxe das Dores.

E na Praza de Armas, a Casa do Concello, construída en 1953, que alberga o museo municipal.

Iglesia de Las Angustias en Ferrol- Foto Carlos Rodríguez

Pasada a Praza da Constitución e Cantón de Molíns, chégase á neoclásica Igrexa das Angustias.

    Neste Camiño houbo hospitais da orde hospitalaria de Sancti Spiritus en Ferrol, Neda, Miño, Paderne e Betanzos. Pola súa parte, os todopoderosos Andrade contribuíron á peregrinación construíndo ou reconstruíndo pontes en Xubia, Pontedeume, Lambre, Betanzos e O Burgo.

Xubia

Vamos en ruta paralela á ría ferrolá. En Xubia, atopamos a magnífica igrexa románica de San Martiño, herdeira do antigo mosteiro do Couto erixido no século VIII e  reconstruído no XII.

Monasterio de O-Couto-Xuvia

A igrexa, de tres naves e cabeceira de tres ábsidas, posúe artísticos canzorros que a fan especial. A portada románica está protexida por un pórtico construído, igual que o campanario, no século XVIII.
Xubia e este mosteiro eran a primeira parada para os peregrinos que viñan de Ferrol.

Neda

    Molinos+Aceas-de_Lembeie

Preto xa de Neda, muíño As Aceas de Lembeie, movido polas mareas.

 

Albergue Neda

Á beira do río Xubia existe na actualidade un albergue de peregrinos.

Sta-María y Concello de Neda

S-Nicolas- NedaA igrexa de Santa María é de comezos do século XVIII.
    A Casa do Concello, con torre do século XVIII, conserva pegados os restos do hospital de peregrinos de Sancti Spiritus, do século XV.

 

Despedímonos de Neda visitando a igrexa de San Nicolás, do século XIV.

 

 

1A: A Coruña - Bruma , (Variante )

    A outra gran ruta do Camiño inglés parte da cidade que foi considerada “Cabeza, garda, chave e antemural do Reino de Galicia”,

Puerto de A Coruña - Foto Carlos Rodríguez

A Coruña. Sábese que xa en 1434 entraron polo porto coruñés ó redor de tres mil peregrinos ingleses, e na cidade houbo os hospitais para peregrinos de Los Ángeles, Santa Catalina e San Andrés

31 Km.

A Coruña

 

Torre de Hercules - A Coruña    O máis característico elemento identificador da Coruña é a chamada Torre de Hércules, faro romano do século II, restaurado na súa forma actual a finais do século XVIII polo enxeñeiro militar Eustaquio Giannini

 

    Os peregrinos desembarcaban no porto do Parrote, tendo como primeiro destino

Puerto_Coruña

Iglesia de Santiago en A Coruña

a Igrexa de Santiago, románica de comezos do século XIII, fundada polo rei Alfonso IX. A portada é gótica, do século XV, con imaxes de Santiago e San Xoán e magnífico rosetón. Diante desta igrexa reuníase o Concello da cidade.

Castillo de San Antón y Jardín de San Carlos - A Coruña

    Conserva A Coruña, como elementos máis importantes de arquitectura militar, restos das súas murallas dos séculos XVI e XVII, o Xardín de San Carlos, bastión que formou parte da Fortaleza Nova para a defensa da cidade, e o castelo de San Antón (antiga illa) que alberga o Museo histórico - arqueolóxico.Colegiata de Sta Maria de Campo- Coruña

 

    Da arquitectura relixiosa destacaremos a Colexiata de Santa María do Campo (dos séculos XII-XIII), na Cidade Vella, onde os peregrinos acudían para encomendarse ó Apóstolo ante a difícil ruta que ían acometer. Existía unha gran devoción pola Virxe do Portal, desta Colexiata.

 

Concello de A Coruña - Foto: Carlos Rodríguez

    E dos tempos modernos, destacaremos a Praza de María Pita e Casa Consistorial, de comezos do século XX, e as súas famosas Galerías, que mereceron  para A Coruña o sobrenome da “cidade de cristal”.

Castro de Elviña - A Coruña

    Saíase da Coruña por Eiris, e os campos de Elviña, nos que tivo lugar a batalla entre os exércitos inglés e francés en 1809. En Elviña existe un monumental castro no que se conservan restos de murallas, vivendas e alxibe da época galaico-romana.

O Burgo

  Iglesia y puente de O Burgo

    O Burgo foi señorío e porto dos Templarios. Conserva igrexa románica con tres ábsidas, dedicada ó apóstolo Santiago.
A ponte medieval do Burgo foi reconstruída a finais do pasado século.

CambreIglesia de Cambre- A Coruña

    Xa no concello de Cambre, igrexa románica de Santiago de Sigrás, reformada a comezos do século XVII. Houbo aquí en tempos un albergue de peregrinos.

 

 

 

 

 

 

Santa Maria de Cambre - A Coruña

    Na capital municipal, igrexa de Santa María de Cambre, románica, do século XII, que formaba parte do Mosteiro fundado no século X, con orixinal deambulatorio tralo altar maior que permitía ós peregrinos unha maior proximidade para a oración. Ten tres naves e interesante fachada.

Hacia BrumaPazo de Anceis - Monumento a los martires de Carral

    Pasamos polo Pazo de Anceis, do século XVII, cun cruceiro. E moi preto deixamos Carral, onde existe o monumento ós mártires que deron a súa vida en 1846 en defensa da liberdade.

 

 

 

 

 

A Calle- Sarandóns- A Coruña

    No lugar de A Calle, parroquia de Sarandóns, unha placa colocada nun edificio do século XVI, recorda que en 1554 pasou por este lugar o rei Felipe II de España.

    Desde Hospital de Bruma, os dous Camiños marchan unidos cara a Compostela.

2: Neda Miño

Hacia Pontedeume - 23 Km.

Fene, museo del humor y astillero

O Camiño chega a Fene, do que hai que destacar dous importantes aspectos: o seu carácter industrial, xa que nel se atopan as factorías de Astano, e o aspecto cultural centrado no seu Museo do Humor.

iglesia de San Martiño do Porto. Y la amplísima playa de Cabanas iglesia de San Martiño do Porto. Y la amplísima playa de Cabanas

E logo, Concello de Cabanas, antesala da capital comarcal, onde destaca a magnífica fachada barroca da igrexa de San Martiño do Porto e a amplísima praia de Cabanas, onde o arboredo se interna no areal nunha conxunción irrepetible.

Panoramica de Puentedeume, A Coruña

Chegamos a Pontedeume, centro da comarca do Eume, cun amplo entorno natural de beleza extraordinaria.

Puentedeume - Foto Carlos Rodríguez Arias

Entramos pola súa ponte de 600 metros de largo, construída por Fernán Pérez de Andrade no século XIV, coas lóxicas reformas. Quere a tradición que esta ponte fose “A Ponte do Demo”, construída polo demo nunha soa noite para que unha moza puidese -a cambio da súa alma- ver por última vez ó seu namorado. A ponte tivo capela e hospital de peregrinos, froito do decidido apoio de Pérez de Andrade, o Bo (el Bueno) cos peregrinos a Compostela.

 

 

Conserva Pontedeume a gran torre ameada e brasonada, resto da fortaleza-pazo dos Andrade do século XIV, convertida na actualidade en centro cultural.

 

 

Iglesia de Santiago- PONTEDEUME

A igrexa de Santiago é do século XVI, reconstruída no XVIII. Tamén do XVIII é a casa construída por Bartolomé Rajoy, arcebispo de Santiago de Compostela, fillo de Pontedeume.

Torre Concello de Puentedeume

Outros puntos de referencia son a Torre do século XVIII, ó lado da Casa do Concello, a capela das Virtudes e o Convento de San Agustín.

Castillo de Peña Leboreira o de Nogueirosa-glesia de San Martiño de Andrade

Fóra xa de Pontedeume, no alto, dominando o pobo e o seu contorno, está o Castelo de Peña Leboreira ou de Nogueirosa, do século XIV, recentemente restaurado. E nas súas proximidades, a igrexa de San Martiño de Andrade, con fermosa ábsida do século XII.

   Iglesia de San Miguel de Breamo- puentedeume

Ó lado da nosa ruta, preto de Pontedeume, Breamo, coa igrexa románica de San Miguel, de fins do século XII, de planta de cruz latina, tres ábsidas e bóvedas de cruzaría e de canón, dominando o mar.

Miño

   
 Xa dentro do concello de Miño, nas inmediacións da ruta, pódese visitar a igrexa de San Xoán de Vilanova, do primeiro románico.
 No lugar da Fraga atópase un antigo muíño de auga restaurado

Miño, puente y albergue

Destaca en Miño a ponte medieval dun arco sobre o río Baxoi, mandado construír por Fernán Pérez de Andrade, no século XIV, na actualidade restaurado. 
O novo albergue de peregrinos está situado ó borde da ría de Miño.

3: Miño - Bruma

Saímos de  Miño e nos espera unha etapa de 38 Km.

Ponte do Porco

Ponte do Porco y vista Ria

    En “Ponte do porco” hai unha ponte do século XIX, pero o trazado orixinal do Camiño esixe remontar o río Lambre e chegar á ponte construída no século XIV por orden de Fernán Pérez de Andrade, onde historia e lenda se conxugan para lograr un lugar máxico.
    Nas súas inmediacións, restos dunha importante industria do século XVIII, os “Muíños da Misericordia”, que foi dos señores do pazo de Montecelo, e nos que se moía o gran para os estaleiros ferroláns.

    Iglesia de San Pantaleón das Viñas y Pazo

A igrexa de San Pantaleón de Viñas é románica con arquivoltas de medio punto sobre dous pares de columnas, e rosetón na fachada. Xunto a ela, o pazo que foi dos Bermúdez de Castro, e tras este un Castro.

Betanzos

Ruinas capilla de San Paio, Betanzos

 

A capela de San Paio, en ruínas, está na actualidade convertida en almacén. Aquí celébrase unha gran romaría o 24 de agosto, en honor ó santo patrón.

 

 

 

Os Remedios y San Mafrtiño, Betanzos

Dominando Betanzos desde o antigo emprazamento da cidade, igrexa de San Martiño de Tiobre que conserva, entre outros restos románicos, a súa porta lateral. E na mesma parroquia de Tiobre, santuario dos Remedios o de Nosa Señora do Camiño, templo renacentista con planta de cruz latina, obra de García de Velasco, de finais do século XVI.

Ponte vella de Betanzos

Betanzos, capital da comarca das Mariñas, é unha das cidades capitais do antigo Reino de Galicia. Os peregrinos entrarían pola antiga ponte, A Ponte Vella, sobre o río Mandeo. 
O inmediato Arco da Ponte Vella corresponde a unha das tres portas que se conservan da muralla medieval da cidade.

San Francisco, betanzos

Entre os monumentos desta cidade destacan a Igrexa de San Francisco, gótica, do século XIV, na que se atopa o sepulcro de Fernán Pérez de Andrade, o Bo, protector de peregrinos que aquí, como en Pontedeume, tiveron atención en hospitais auspiciados por el.

   Santa Maria de Azougue, Betanzos

Tamén gótica é a Igrexa de Santa María de Azougue, do século XIV, de tres naves e tres ábsidas e retablo de Escola Flamenca no altar maior.

Iglesia de Santiago, Betanzos

A Igrexa de Santiago, gótica, do século XV foi erixida por Fernán Pérez de Andrade, O Mozo (El joven), e ten na súa fachada a imaxe de Santiago a cabalo. Ten tres naves e tres ábsidas. Nunha das súas capelas, a de don Pedro de Ben, pode admirarse o magnífico retablo plateresco de Cornielis de Holanda.
 
   Praza do Concello, Betanzos

A casa do Concello, a torre municipal (pegada á Igrexa de Santiago) e o Pazo de Bendaña son destacados edificios civís dunha cidade - monumento que acredita o seu pasado capitalino e señorial.

    Hermanos García Naveira, Pasatempos

Na praza dos Irmáns García Naveira, monumento que recorda a estes distinguidos betanceiros que ademais de numerosas obras filantrópicas relacionadas coa educación e a sociedade, crearon “O Pasatempo”, un percorrido polas marabillas do mundo reflectidas en Betanzos como o máis orixinal parque temático mundial.

    Iglesia de Santo Domingo, Betanzos

Na praza Irmáns García Naveira, Igrexa de Santo Domingo, do século XVII cun campanario barroco construído por Casas Novoa a comezos do século XVIII, desde o que se eleva o famoso globo de papel desde hai máis de 130 anos. E o edificio do que ía ser Arquivo do Reino de Galicia e acabou dedicado a outros fins, erixido no século XVIII.

Ponte As Cascas, Betanzos
   Saíndo de Betanzos pola ponte de As Cascas, con escudo da cidade, pasamos polo lugar de Xanrozo, que dá nome ó arciprestado, deixando á esquerda da ruta o castro dese nome, no que existiu unha fortaleza medieval documentada xa no século X.

 

 

Pasado Limiñón, xa no Concello de Abegondo, atopamos cruceiro e capela                                                                          de San Esteban de Cos.

Santiago de Meangos y cruceiro

Pasamos preto da igrexa de Santiago de Meangos, cruzamos a ponte de Presedo e visitamos a súa igrexa.

San Paio de Vilacova, Abegondo

A continuación, pasamos ó lado da ermida de San Paio de Vilacova coa súa fonte santa e ascendemos cara a Vizoño, dominado pola altura do Castro Maior.

    Albergue de Bruma, Mesia

En Bruma, houbo hospital de peregrinos, baixo a advocación de San Lorenzo, fundado en 1140, que pasou a depender en 1175 do hospital de Santiago.Albergue y capilla de Bruma- Mesia

Na actualidade, existe aquí un albergue moderno. E nas súas inmediacións, capela.
Neste lugar unense os dous itinerarios do Camiño Inglés.

4: Bruma - Sigüeiro

30 Km.

De Bruma a Sigüeiro

   Estamos no último tramo do Camiño inglés, onde a proximidade de Compostela fai que vaiamos rápido no noso percorrido e que as referencias monumentais sexan menores. 

Cabeza de Lobo, Ardemil

Lugar de Cabeza de Lobo, Igrexa de Ardemil cun fermoso cruceiro.

  Iglesia de Buscás, Ordes

Iglesia de Buscás- 2, Ordes 

En terra de Ordes, Buscás, cun excelente templo de orixe románica baixo a advocación de San Paio.

  San Julian de Poulo-1 

Máis adiante, en San Xoán de Poulo, igrexa, casa nobre e cruceiro. Houbo aquí antano un hospital de peregrinos.

    San Julian de Poulo-2

Santa Eulalia de Pereira

Outra inscrición nunca casa alude tamén á estancia de Felipe II no ano citado.

    Puente de Sigüeiro, Santiago

Estímase que Sigüeiro, capital do concello de Oroso, foi fundada no século XII. É notable a súa ponte sobre o río Tambre, trazado no tempo en que naceu a vila.

5: Sigüeiro - Santiago

Última etapa de 18 Km.

Iglesia de Barciela

Xa no concello santiagués, igrexa de Barciela.

San Cristivo de Enfesta

E moi preto, templo de San Cristovo en Enfesta, con dous curiosos animais na súa fachada. Inmediatamente antes, cruceiro.

Pasamos polo polígono industrial do Tambre, nos arredores de Santiago.

En Meixonfrío, entrando no casco urbano de Santiago de Compostela, houbo en tempos un establecemento para atender ós peregrinos na antesala da cidade.

Xunta de Galicia, San Caetano

Pásase xunto ó edificio da Xunta de Galicia, antigo cuartel,

Convento de Santa Clara- Plaza de Cervantes

Convento de Santa Clara e praza de Cervantes

San Martin Pinario, Puerta Azabachería, Santiago

San Martiño Pinario, para entrar na catedral compostelá pola porta da Acibecharía.

   Catedral de Santiago de Compostela

Chegamos ó final da peregrinación. Os viaxeiros das brumosas terras do norte alcanzaban a ansiada meta, o sepulcro do Apóstolo, o corazón de Compostela.