6: Melide - ArzĂșa

Desde Melide ó Pedrouzo, case un paseo. As distancias xa non se miden en kms. A meta está tan preto que xa non hai que preocuparse polas distancias físicas. O que agora marca o tempo é a ledicia, a satisfacción pola próxima chegada.
Son as vísperas. Que soan en Melide, porque ata aquí chegaba o Cabido compostelána recibir ós novos purpurados. Que soan en Ribadiso con lembranzas pentaseculares. Que soan en Arzúa, o último gran pobo protector dos camiñantes.

MELIDE

Xa en terras coruñesas de Melide, entramos no Campus Leporarius do Calixtino (Campo de Lebres), hoxe chamado Leboreiro . Existe aquí unha igrexa románica dedicada a Santa María e consérvase o edificio do antigo Hospital de Peregrinos, con brasón dos Ulloa, os seus fundadores, a modesta Ponte de Disicabo , dun só arco, permítenos cruza-lo Río Seco... Moito máis maxestosa é a ponte medieval sobre o río Furelos, moi preto xa de Melide.

Melide iglesias

MELIDE é a capital dunha ampla e próspera comarca. A ela acudía o Cabido de Santiago a recibir ós novos arcebispos. Nesta cidade existiu o Mosteiro de Santic Spiritus , fundado no século XIV. A actual igrexa parroquial é un resto, reformado, daquel mosteiro, que tivo un importante e peculiar hospital anexo, onde se atendía ó peregrino con fogo e camas e albergue e esmola e caridade. En Melide uníanse o Camiño Francés e o que viña pola costa cantábrica -Vascongadas, Santander, Asturias- e entraba en Galicicia por Ribadeo.

Á entrada de Melide atopamos a Igrexa de San Pedro , que conserva a súa primitiva fachada románica e un fermosísimo cruceiro.

OMuseo Terra de Melide conserva interesantes pezas , imprescindibles para entrar no pasado desta comarca.

Onde hoxe está a Capela do Carme do Castelo e o cemiterio houbo en tempos un castelo e anteriormente un castro.

Melide- Santa María

Nas aforas da poboación a tamén románica Igrexa de Santa María , do século XII, xunto á que existe outro notable cruceiro , desde Melide pasamos por Boente, con templo parroquial dedicado a Santiago... para chegar a Castañeda. Aquí, en Castañeda, estaban os fornos de cal para as obras da catedral compostelá, para os que os peregrinos traían pedras calcarias desde Pedrafita e Triacastela.

ARZÚA

 

Ribadiso

Cruzando o río Iso, en Ribadiso de Baixo, está o edificio que foi hospital de peregrinos. Un documento do século XV establece que o rector deste hospital debía socorrer ós peregrinos con toda caridade.

 

Ribadiso

ARZÚA é o último gran pobo do camiño, a pouco máis de trinta quilómetros de Compostela. No centro da poboación está a Igrexa da Madalena , que antes foi do Convento dos Agustinos, que en Arzúa sostiveron un importante hospital.

Arzua