Desde Borres, ofrécense dúas rutas ó camiñante.
Unha delas (de 26,5 km de lonxitude), a chamada "Ruta dos Hospitais”, vai por Montefurado e Berducedo cara a La Mesa, mentres que a segunda (15,3 km) detense en Peñaseita despois de pasar por Pola de Allande. Esta complétase coa etapa número 6 (16,6 km), que chega ata La Mesa.
Tanto Peñaseita como La Mesa dispoñen de albergues de peregrinos
Pasado Ferroy, a Pola de Allande.
Se as anteriores poboacións importantes naceron por iniciativa real, a “Pobla allandesa” xurdiu porque o bispo Pedro, na segunda metade do século XIII, aportou propiedades para que os habitantes do concello de Allande puidesen “facer pobla”.
Na vila, chama a atención o monumental Pazo de Cienfuegos, do século XIV, reedificado no XVI, que domina a poboación desde un alto, con tres torres que evidencian a súa fortaleza.
E a arquitectura relixiosa está representada pola igrexa de San Andrés, do século XVI, con numerosas reformas posteriores.
Fóra xa de Pola de Allande, Peñaseita, con magníficas paisaxes, nas que destacan os restos de vellas explotacións auríferas.
A segunda ruta máis longa acurta nun día o percorrido, pasa por La Montera, o alto de Hospital (1239), Montefurado e Berducedo, facendo parada no albergue de Berducedo