3: Salas - Tineo

Deixamos Salas e nos enfrentamos coa etapa de 18,2, que pasando por A Espina remata en Tineo.

LA ESPINA

Desde Salas hai que subir á serra de Bodenaya (650 m), polo chamado ”Camín de misa”.
La Espina, onde conflúen os concellos de Salas, Tineo e Valdés, foi de sempre un importante cruce de camiños. Houbo aquí un importante hospital para peregrinos e camiñantes, que se sabe existía en 1268, e dependía do Arcebispo de Santiago, acreditando vencello con Compostela e paso deste Camiño Primitivo. Posteriormente, Fernando Valdés-Salas creou un novo hospital. Tamén aquí houbo a Malatería de Bazar, para atención de peregrinos enfermos.
De La Espina saen dous camiños: O que segue cara a Compostela, por Tineo e Pola de Allande e o que, baixando cara a o val do río Canero, segue pola zona da costa cara a Vegadeo.
En La Pereda comezan as terras de Tineo, e en tempos houbo un hospital de peregrinos.
Desde El Pedregal, todo é baixar. Xa nas inmediacións de Tineo, deberemos pararnos no Campo de San Roque, a contemplar a Ermida deste santo camiñante, do século XIII.

Flecha

TINEO

Á entrada de Tineo, no barrio de Cimadevila, monumento ó peregrino, erixido o Ano Santo de 2004.
O Rei Afonso IX, peregrino a Compostela, otorgou en 1222 na súa estadía no Mosteiro de Obona o privilexio de que o Mosteiro e a Vila de Tineo fosen paso obrigado para os peregrinos á tumba do apóstolo Santiago.
Xa daquela a Vila de Tineo tiña preto de tres séculos de existencia con xurisdición condal e de meiriño.
A igrexa de San Pedro é a do antigo convento de San Francisco do Monte, onde os PP franciscanos atenderon ós peregrinos desde o século XIII. Alberga no seu interior un importante Museo de Arte Sacro.
Son notables o Pazo dos Merás, do século XVI, e o dos García de Tineo, actual Casa da Cultura. A súa torre é do século XIII.
En Tineo aínda se conservan restos do hospital Mater Christi, erixido no século XIII para a atención ós peregrinos, o maior do Camiño en Asturias. Este hospital perdeuse na desamortización, como tamén se perdeu o antigo castelo da vila.